André Vesalio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
 
Baseando os seus estudos anatómicos na observación directa, desbotou algúns graves erros presentes na obra de [[Galeno]], polo que está considerado como o fundador da [[anatomía]] moderna.
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Vesalius Fabrica portrait.jpg|dereita|250px|miniatura|André Vesalio (retrato procedente da súa obra ''Fabrica'').]]
Naceu en [[Bruxelas]], capital de [[Flandres]] que daquela formaba parte do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], nunha familia de médicos. Seu pai, Moisés Coprima, era fillo ilexítimo do médico real do emperador [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]], Everard Van Wesel. O seu pai animouno a seguir a tradición familiar, e o inscribiu na ''Escola dos Irmáns da Vida Común'', en Bruxelas, onde Vesalio aprendeu [[lingua grega|grego]] e [[latín]].
Liña 24:
En [[1541]], mentres estaba en Boloña, Vesalio descubriu que as investigacións de Galeno estaban baseadas na disección de animais, e non de seres humanos. Como a disección humana tiña estado prohibida na [[Roma antiga|antiga Roma]], Galeno diseccionara no seu lugar [[Macaca sylvanus|monos de Berbería]] (''Macaca sylvanus''), crendo que serían anatomicamente similares ao ser humano. Vesalio, apoiándose nas súas propias observacións, publicou unha corrección das ''Opera omnia'' de Galeno, e comezou a escribir o seu propio texto de anatomía.
 
Impertérrito, continuou provocando controversias, esta vez non demostrando os erros de Galeno, senón de [[Mondino de Liuzzi]], e incluso de [[Aristóteles]]: os tres fixeran suposicións acerca da estrutura do corazón e as súas funcións que eran claramente erróneas. Por exemplo, Vesalio descubriu que o corazón tiña catro [[cavidade|cavidades]]s, que o fígado tiña dous [[lobo (anatomía)|lobos]], e que os vasos sanguíneos comezaban no corazón, e non no fígado.
 
=== ''De Humani Corporis Fabrica'' ===
[[Ficheiro:Vesalius Fabrica p190.jpg|dereita|miniatura|250px|A ''Fabrica'' de Vesalio contiña moitos debuxos extremadamente detallados de diseccións humanas, algúns deles en posturas alegóricas.]]
En [[1543]], Vesalio publicou en [[Basilea]] a súa obra en sete volumes ''De humani corporis fabrica'' (''Sobre a estrutura do corpo humano''), unha innovadora obra de [[anatomía humana]] que dedicou a [[Carlos I de España|Carlos V]]. Aínda que a autoría das ilustracións non está clara, considérase que é obra de varios autores, algúns procedentes do taller de [[Tiziano]] (como Jan Stephen van Calcar), e outros, como Domenico Campagnola ou o propio Vesalio. Poucas semanas despois publicou unha edición compendiada, para uso de estudantes, ''Andrea Vesalii suorum de humani corporis fabrica librorum epitome'', que dedicou ao príncipe [[Filipe II de España|Filipe]], fillo e herdeiro do emperador.
 
A obra destaca a importancia da disección e do que en adiante se chamou a visión "anatómica" do corpo humano. O termo que utilizou para titular o seu libro, "Fabrica", ten connotacións [[arquitectura|arquitectónicas]]. Na súa descrición parte dos ósos, ligamentos e músculos, que fundamentan a estrutura corporal, para pasar a estudar logo os sistemas conectivos ou unitivos (vasos sanguíneos e nervios) e os sistemas que impulsan a vida. Dos sete libros de que consta a obra, o primeiro trata dos [[óso]]s e [[cartilaxe]]s; o segundo dos [[músculo]]s e [[ligamento]]s; no terceiro descríbense as [[vea]]s e [[arteria]]s; no cuarto, os [[nervio]]s; no quinto, os aparellos dixestivo e reprodutor; no sexto, o corazón e os órganos que o auxilian, como os [[pulmón]]s; o sétimo e último está dedicado ao [[sistema nervioso|sistema nervioso central]] e aos órganos dos sentidos. O seu modelo anatómico contrasta poderosamente cos vixentes no pasado.
 
Ademais de realizar a primeira descrición válida do [[esfenoide]], demostrou que o [[esterno]] consta de tres partes e o [[sacro]] de cinco ou seis; e describiu coidadosamente o vestíbulo do [[oído]] no interior do óso [[temporal (óso)|temporal]]. Verificou as observacións de Etienne acerca das válvulas nas veas hepáticas, describiu a [[vea ácigos]], e descubriu no feto a canle que comunica a vea umbilical e a vea cava inferior, chamado desde entón ''[[ductus venosus]]''. Describiu tamén o [[omento]], e as súas conexións co [[estómago]], o [[bazo]] e o [[colon]]; ofreceu as primeiras nocións correctas sobre a estrutura do [[píloro]]; e observou o pequeno tamaño do [[apéndice vermiforme]] nos homes; deu as primeiras descricións válidas do [[mediastino]] e a [[pleura]], e a explicación máis correcta da anatomía do [[cerebro]] realizada até aquela data.
 
=== Médico imperial e real ===
Pouco despois da publicación da súa magna obra, lle foi ofrecido o posto de médico imperial na corte de Carlos V. Informou ao senado de Venecia de que deixaba o seu posto en Padua, o que impulsou ao duque [[Gran Ducado de Toscana|Cosme I de Medici]] a intentar convencelo de que se trasladase á universidade de Pisa, oferta que Vesalio declinou. Na corte tivo problemas nas súas relacións cos outros médicos, que o consideraban un "barbeiro".
Durante os doce anos seguintes Vesalio viaxou coa corte, tratando feridas de guerra e de torneos, realizando operacións cirúrxicas e autopsias, e escribindo cartas privadas acerca de cuestións médicas específicas. Durante esta época escribiu tamén a súa obra ''Radicis Chynae'', un texto curto acerca das propiedades dunha planta medicinal, a ''raíz de China'' unha especie de zarzaparrilla, no que se defendeu ademais das acusacións dos partidarios de Galeno. Recibiu numerosos ataques.
 
Tras a abdicación de Carlos V, continuou exercendo como médico na corte de Filipe II, quen o recompensou cunha pensión vitalicia e o nomeamento de conde palatino. En [[1562]] practicoulle unha trepanación ao [[Príncipe Carlos de Habsburgo]]. En [[1555]] publicou unha edición revisada do seu ''De Corporis''.
Liña 46:
Despois de loitar durante varios días con ventos adversos no [[mar Xónico]], o seu barco debeu atracar na illa de [[Zante]]. Alí morreu pouco despois, cando tiña escasamente cincuenta anos.
 
== Véxase tamén ==
{{commons|Andreas Vesalius}}
=== Bibliografía ===
* Dear, Peter (2001): ''Revolutionizing the Sciences: European Knowledge and Its Ambitions, 1500-1700''. Princeton: Princeton Univ. Press.
* Debus, Allen, ed. (1968): "Vesalius", in ''Who's Who in the World of Science: From Antiquity to Present''. 1ª ed. Hannibal: Western Co.
Liña 57:
* Williams, Trevor, ed. (1982): "Vesalius" in ''A Biographical Dictionary of Scientists''. 3ª ed. New York: John Wiley and Sons.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://archive.nlm.nih.gov/proj/ttp/flash/vesalius/vesalius.html ''Turning the Pages''.] Unha edición virtual do ''De Humanis Corporis Fabrica'', de Vesalio. Da U.S. National Library of Medicine.
* [http://vesalius.northwestern.edu/ Andreas Vesalius. Vida e obra] {{en}}.
Liña 63:
 
{{ORDENAR:Vesalio, Andre}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Historia da medicina]]