Teatro Colón da Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
corrixo aforo por capacidade
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 42:
 
=== Remodelación ===
A remodelación do Teatro Colón, iniciada no ano [[2002]], centrouse en obter un aproveitamento máis racional dos espazos. Mantívose o esquema do teatro á italiana, buscando establecer unha clara delimitación entre os lugares para o público e a escena. Por outra banda, a carencia de estancias de servizo resolveuse mediante a creación dun soto con numerosas dependencias como salas de ensaio e descanso, almacéns, talleres, camerinos, aseos e salas de instalacións. A intervención apoiouse en gran medida na estrutura preexistente, aínda que renovando tódolos elementos.<ref>[http://www.teatrocolon.es/o-teatro/ O teatro]</ref>
 
Como principal diferenza co estado anterior, incorporouse unha instalación de aire acondicionado á sala independente da do resto do edificio. Substituíronse os pavimentos, acabados e butacas, dotando ás prazas de maior amplitude, comodidade e calidade. A iluminación da sala renovouse completamente coa incorporación dunha gran luminaria central, ao igual que a amplificación do son. Outras instalacións da sala contemplan a regulación lumínica, detección e extinción de incendios, megafonía, circuíto interno de vídeo ou sinalización e iluminación de emerxencia.
 
O teatro abriuse de novo ao público trala remodelación o [[5 de decembro]] do [[2006]]. O novo teatro remodelado foi renomeado ''Teatro Colón Caixa Galicia'', debido á concesión da súa xestión, mantemento e realización de accións socioculturais a [[Caixa Galicia]] por parte da Deputación Provincial da Coruña (a titular do teatro), esta adxudicación fíxose efectiva o [[30 de novembro]] do [[2006]], mentres que o contrato da xestión do teatro formalizouse o [[16 de xaneiro]] do [[2007]] e durou ata o 2012.<ref>{{cita novas|título=Unahoramenos gestionará el Teatro Colón de La Coruña|data=29 de maio de 2012|dataacceso=29 de novembro de 2015|xornal=Diario de Las Palmas|url=http://www.laprovincia.es/cultura/2012/05/29/unahoramenos-gestionara-teatro-colon-coruna/460743.html}}</ref>
 
== Véxase tamén ==