Xàbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Bot: Substitución automática de texto (-Río de Xaneiro - Rio de Janeiro +Río de Janeiro)
Liña 38:
 
=== Clima ===
Segundo un estudo científico realizado polos anos 90, considerouse a Xàbia como o segundo mellor microclima mundial, tras [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]] e é que se pode gozar dunha boa temperatura todo o ano cunha media que oscila dos 18 °C aos 24 °C. Xàbia é un lugar escollido polos xubilados estranxeiros para pasar o resto da súa vida. A cor verde é o que predomina na paisaxe, aínda que non chove con moita frecuencia si posúe Xàbia moita auga no seu subsolo (unha posíbel orixe do seu nome sería do árabe '''Xábiga''', que quere dicir algo así como "pozo ou alxibe", da cantidade destes elementos que poboaba o lugar).
 
A todo isto, existe un río subterráneo, chamado "Moraig" que provén das montañas internas de Pedreguer, onde se pode ver o seu nacemento dentro da cova da Caveira en Benidoleig. As choivas preséntanse co réxime de precipitación mediterráneo, é dicir de moi intensas precipitacións en moi pouco tempo, sendo os meses de setembro-outubro-novembro os de máis choiva. Estas precipitacións típicas do mediterráneo chámanse "[[gota fría]]" nesta zona.