Candlebox: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Castelao (conversa | contribucións)
m Substituído por reemprazado
Liña 30:
Foi lanzado outro sinxelo máis do álbum ''Candlebox'', outra balada, "Cover Me", que tamén tivo bastante éxito. En medio deste éxito repentino, Candlebox tocou en xiras con bandas do calibre de [[Rush]] e [[Metallica]], á parte de participar no festival Woodstock '94, sendo a única banda do festival que naquel momento estaba entre as dez máis vendidas na listaxe da ''[[Billboard]]''. Ao final de [[1994]], o disco ''Candlebox'' chegaba á marca de 3 millóns de copias vendidas.
 
Co éxito de ''Candebox'' a banda estaba ansiosa por progresar, e en abril de [[1994]] tiña 36 novas cancións para o álbum de continuación. O [[3 de outubro]] de [[1995]] publicouse o seu segundo disco, ''[[Lucy]]''. A pesar de que marcou o comezo do seu declive comercial, ''Lucy'' foi certificado ouro grazas a sinxelos como "Simple Lessons" e "Understanding". Dous días despois do seu lanzamento, Candlebox apareceu en ''Working Class Hero: A Tribute to John Lennon'', cunha versión de "Steel and Glass". O batería Scott Mercado deixaría a banda o ano segunte se foi reemprazadosubstituído por [[Dave Krusen]], antigo membro de [[Pearl Jam]].
 
O [[21 de xullo]] de [[1998]] Candlebox editou o seu terceiro álbum de estudio, ''[[Happy Pills]]''. A pesar de ser un regreso ao son sinxelo da súa estrea, o traballo só conseguiu un éxito marxinal. A canción "Glowing Soul" foi tamén gravada para a banda sonora de ''The Waterboy'' e incluída a petición de [[Adam Sandler]]. Inspirada na película, o tema está baseado nun ritmo de [[Bo Diddley]], e foi gravada con equipo antigo.
 
O seguinte ano sería moi turbulento na carreira da banda. Krusen saiu de Candlebox e foi reemprazadosubstituído por Shannon Larkin de [[Ugly Kid Joe]]. Bardi Martin tamén marchou para ir á universidade e no seu lugar chegou Rob Redick, antigo membro de Dig. No [[2000]] Candlebox entrou en hiato. Sedundo Martin, a banda non estaba contenta co seu contrato discográfico e intentou liberarse de Maverick por disolución. O selo considerou que Martin era o único membro restante, pero despois de dous anos de disputas sobre a gravación dun obrigatorio cuarto álbum de Candlebox, Martin rendeuse. No ano [[2007]] Martin non recibira os seus ''royalties'' polas vendas dende o [[2001]], e non os recibiría ata que gravase un cuarto traballo. Outros membros da banda, porán, si cobraron as súas partes.
 
=== Reunión ===
En [[2006]], Rhino Records planeou editar un recompilatorio de grandes éxitos de Candlebox. Contactaron cos membros da banda e isto levou a que a formación orixinal se reunise por primeira vez en 10 anos. Para promocionar o recompilatorio, Candlebox iniciou unha xira norteamericana dende xullo ata outubro dese ano. Bardi Martin deixou a xira para continuar os seus estudios e foi reemprazadosubstituído por Adam Kury. Durante ese tempo a banda comezou a compoñer material novo a pesar de non ter selo.
 
Despois de varios retrasos, Candlebox editou o seu primeiro álbum en 10 anos, ''[[Into the Sun]]'', aparecido o [[22 de xullo]] do [[2008]] a través de Silent Majority/ILG Records. Foi producido por Ron Aniello ([[Lifehouse]], [[Barenaked Ladies]]) e conta con Scott Mercado e [[Dave Krusen]] na batería. O primeiro sinxelo, "Stand", lanzouse na radio a mediados de maio e Candlebox comezou unha xira de promoción en xuño.