Jethro Tull: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m Abreconcertos por teloneiros
Liña 40:
O peor, porén, foi que a marcha do guitarrista deixaba un oco en Jethro Tull que tiña que ser ocupado pronto, xa que a súa primeira xira polos Estados Unidos estaba á volta da esquina. Comeza así unha frenética carreira por incorporar a un bo guitarrista. O primeiro en probar coa banda foi Tommy Iomi, o coñecido guitarrista de [[Black Sabbath]], que só estivo dez días con Jethro Tull, xa que a súa técnica non convencía a Anderson. Tras el, chegou Davy O’List, que aínda estivo menos tempo con eles: catro días, pero que posteriormente sería mundialmente coñecido como o guitarrista da banda [[Nice (grupo musical)|Nice]]. Por fin chegou o que sería guitarrista definitivo de Jethro Tull: refírome, loxicamente, a Martin Lancelot Barre, que dende a súa mesma chegada ó grupo converteríase na peza máis importante do mesmo, a excepción, claro está, do señor Anderson. Dicir que Martin Barre é máis que un guitarrista aceptable, pero o certo é que a súa valía non sempre fora recoñecida pola prensa especializada, demasiado acostumada a que un guitarrista sexa o líder dunha banda de rock, ou ós sós enrevesados, tecnicistas e interminables de "heroes" da guitarra (ex: [[Jimi Hendrix]], [[Jimmy Page]], [[Jeff Beck]]...), pero o destacable de Barre e a súa compenetración con Ian Anderson.
Entramos en 1969, ano que foi moi importante para Jethro Tull, xa que na primavera do mesmo comezaron a súa primeira xira por Estados Unidos, nun principio coma teloneirosabreconcertos de [[Led Zeppelin]] ou [[Fleetwood Mac]]. A repercusión dos concertos que a banda ofreceu en [[Estados Unidos de América|USA]] foi enorme, ata o punto de que son invitados a gravar en varios estudios musicais daquel país. Ditas gravacións foron moi frutíferas, xa que dunha delas xurdiu unha das mellores cancións xamais composta na historia de Jethro Tull: "Living in the past", gravada nos Estudios Vantone de New Jersey. Este foi o primeiro sinxelo de Jethro que alcanzou o éxito, chegando incluso a facelos aparecer na televisión, concretamente no programa "Top of the pops". Este éxito, unido á publicación do seu segundo traballo, "Stand up", consolidou a Jethro Tull coma unha das mellores bandas do momento. Gravado nos Estudios Morgan de Londres, "Stand up" alcanza rapidamente o número 1 das listas británicas e fai o propio noutros países europeos, chegando a ser disco de ouro, o primeiro que a banda consegue. Neste álbum aprécianse xa as características básicas do son típico do grupo, como poden ser a forma de tocar a frauta por parte de Anderson, as alternancias entre as partes suaves e fortes en moitas das cancións e a clara influencia da música medieval no son de Jethro Tull. Aquí aparecen instrumentos coma a balalaica ou a mandolina, que xunto á xa típica frauta (tocada en dous dos temas por Martin Barre) contribúen a dotar ós temas dun ambiente folk do que a banda xamais se desprendería, por moito que en ocasións o señor Anderson declarase que odia a música folk. Pero non só se aprecian neste traballo influencias da música folk, senón que tamén podemos observar coma o rock duro aparece en temas coma "A new day yesterday", "Nothing is easy" e nas partes máis fortes doutros cortes do disco. Igualmente, a influencia da música clásica queda patente nada máis escoitar "Bourée", que é unha adaptación dunha composición de [[Johann Sebastian Bach]]. Todo isto supón que o grupo se afastara un pouco do son blues e jazz que caracterizou o seu primeiro traballo.
 
Ó éxito de "Stand up" seguiu a edición de dous novos sinxelos igualmente triunfantes: o primeiro deles estaba formado por "Sweet dream" na cara A e "17" na cara B e publicouse en setembro de 1969. Nel apreciasen toques de orquestra que, se ben non eran rigorosamente unha primicia (o tema "Reasons for waiting", de "Stand up" xa tíña unha parte de orquesta amañada por David Palmer), sí que consolidan a vertente sinfónica do son de Jethro Tull. De feito, moitos dos seus seguintes discos incluíron extensas partes con amaños de orquestra. O outro single foi "Witch’s promise"/"Teacher", no que aparecen por primeira vez os xeniais toques de piano por parte de John Evans, que deste modo regresaba xunto cos seus colegas de toda a vida. Este disco saíu á venda en decembro de 1969, coma preludio do seu seguinte álbum, o terceiro na historia do grupo, que se publicou en febreiro de 1970 e titulouse "Benefit". A saída á venda do Lp coincidiu coa segunda xira de Jethro Tull polos Estados Unidos, esta vez coma estrelas absolutas. Existen algunhas testemuñas de dita xira, sobre todo da actuación do grupo no Carnegie Hall de Nova Iork, onde ofreceron un dos seus mellores concertos que se recordan e onde moi probablemente comenzouse a forxar o halo de lenda que agora envolve á banda. Neste concerto graváronse dous temas que posteriormente formarían parte do álbum "Living in the past". Con todo, o mellor aínda estaba por chegar.
Liña 87:
O ano 1976 presentase para o grupo cunha despedida: a de Jeffrey Hammond Hammond, que decide colgar o seu baixo e dedicarse á pintura. Isto supón un duro golpe para todos, xa que Jeffrey era un vello amigo dende os primeiros días nos que Jethro Tull comezou as súas andanzas, e incluso dende moito antes, tal e como xa referimos nas primeiras líñas desta biografía. Comenzou a tarefa de substituír a un home que non só aportaba ó grupo o seu bo facer có baixo, senon unha importantísima imaxen en directo, chea de dinamismo e humor, que quedaría presente para sempre na memoria dos fans que poideron desfrutar do directo de Jethro entre 1971 e 1975, quizais a época máis productiva do grupo en toda a súa carreira.
 
Non se demoraría moito o relevo na banda, posto que nos plans máis inmediatos estaba a gravación dun novo disco e unha extensa xira mundial. O elixido foi John Glascock, un baixista moi técnico e versátil que traballara xa có grupo [[Carmen, gripo|Carmen]], e ó que incluso o mesmiño [[Ritchie Blackmore]] pretendía para o seu grupo [[Rainbow]]. Anderson coñecía a Glascock dende facía un ano, non só polo feito de que o seu grupo Carmen fosen teloneirosabreconcertos de Jethro Tull na xira de "War Child", senon tamén pola mediación da vocalista de dito grupo, Angela Allen, amiga persoal de Ian, e principal valedora de Glascock, ata o punto de recomendarlle persoalmente ó líder dos Tull a súa contratación para o grupo, unha vez disoltos Carmen. A pesar de que a música deste peculiar grupo era un flamenco-rock bastante extraño e pouco tíñan que ver có que facían Jethro Tull, o certo é que John Glascock demostraría pronto ser unha excelente adquisición para a banda, compenetrándose de inmediato cós demáis músicos e aportando un ar fresco e renovador coa súa mestría ó baixo e a súa capacidade para facer coros.
 
Paralelamente, e no mesmo mes de xuño dese año, publicaríase "M.U. - The best of Jethro Tull", primeiro disco recompilatorio do grupo, que contiña un acertado repaso ó mellor da súa discografía. Aí estaban "Aqualung", un fragmento de "Thick as a brick", "Locomotive breath", "Nothing is easy" e un tema inédito titulado "Rainbow blues" de gran beleza e harmonía, no que aparece por última vez Jeffrey e no que se poden escoitar uns magníficos arranxos de corda por parte dun músico que estaba a punto de converterse en membro fixo da banda: David Palmer. Os resultados obtidos polo disco non forón demasiado exitosos, seguramente debido á proximidade do seu lanzamento en relación co seu predecesor. O certo é que chegou ó nº 13 nos Estados Unidos e ó 44 en Gran Bretaña, vendendo máis de medio millón de discos inicialmente. Pouco máis podese dicir deste álbum, salvo quizais a anécdota de que as siglas M.U. fan referencia á Musicians Union, é dicir, ó sindicato de músicos británicos.