Paisley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''Paisley''' (en [[gaélico escocés]]: ''Pàislig'') é unha localidade da parte occidental das [[Lowlands]] de [[Escocia]], [[Reino Unido]]. Atópase no límite norte dos montes Gleniffer Braes e esténdese a ambos os dous lados do río Cart. Paisley é a capital administrativa do concello (''council'') de Renfrewshire e é parte da área metropolitana do Gran Glasgow. Atópase a 11,1 km ao oeste do centro de [[Glasgow]].
 
Paisley é a quinta localidade máis grande de Escocia, cunha poboación de 76.834 habitantes no censo de 2011, por detrás das cidades de [[Glasgow]], [[Edimburgo]], [[Aberdeen, Escocia|Aberdeen]] e [[Dundee]]. Paisley non ten o status de cidade, maila ter máis poboación que [[Inverness]], [[Stirling]] e [[Perth, Escocia|Perth]], que si que o teñen. Paisley conforma, en gran medida, a parte suroeste da conurbación do Gran Glasgow.
 
En Paisley atópase un dos campus da [[Universidade do Oeste de Escocia]].