Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 127:
O déficit nos presupostos conduciu á [[inflación]] e á depreciación do [[rublo]].<ref name="pethybridge107">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 107</ref> Mentres o Goberno imprimía gran cantidade de moeda, a confianza da poboación nesta diminuía.<ref name="pethybridge107"/> As clases adiñeiradas trataron de transferir os seus bens ao estranxeiro por calquera método, incluso ilegal.<ref name="pethybridge107"/> As novas emisións de moeda, chamadas popularmente «kérenskis», perderon valor a ollos da poboación.<ref name="pethybridge107"/>
 
O intento do Goberno de obter crédito a través de bonos do chamado «crédito pola liberdade» resultou un fracaso<ref name="ferro356"/> e intensificou a división social entre as clases privilexiadas, que o apoiaron, e as baixas, que o rexeitaron.<ref name="wade80"/> A alta burguesía rusa, porén, non subscribiu de forma destacada o empréstito.<ref name="ferro356"/> A axuda financeira Aliada, que se reducira substancialmente en xaneiro, continuou reducíndose, en parte pola percepción dos Gobernos Aliados e os seus representantes no país de que a situación do Exército impediría que este levaselevasen a cabo operaciónoperacións de ataque relevantes.<ref name="ferro321">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 321</ref>
 
O Goberno carecía dunha política financeira ben perfilada; implantou diversos monopolios e tratou de frear a inflación, controlar os gastos e aumentar os ingresos, á vez que garantía aos investidores estranxeiros os seus préstamos, incluídos os subscritos polo antigo réxime tsarista.<ref name="ferro356">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 356</ref> A finais de xuño, o Goberno aprobou unha lei que gravaba enormemente os beneficios –pero non na capital– obtidos nos últimos anos, aínda que facilitaba á vez evitar os pagos; os industriais e financeiros criticaron duramente a medida.<ref name="ferro359">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 359</ref>