Karl Rahner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 18:
Dende a perspectiva moral, no home prodúcese unha fenda entre o que é na súa vida cotiá e o deber ser, unha traizón a unha chamada dese horizonte infinito que o coloca ante si como o que frustra a súa auténtica entidade como suxeito pleno. Esta conciencia é o que denominamos [[culpa]] e a situación de base é o [[pecado]].
 
No cristianismo esa conciencia de culpa acada toda a súa radicalidade ante a experiencia dun Deus amoroso que se da a si mesmo ata o sufrimento máis cruel e a morte no absoluto abandono. Pódese falar de culpa porque o home sabe que é libre, e que nel a liberdade é a facultade do eterno. Os textos da [[Biblia|Escritura]] sobre o [[Xuízo Final]] non son reportaxes sobre feitos futuros, ou respostas á unha curiosidade morbosa, nada cristiá, sobre quen se salvará e quen se condenará, senón enunciados sobre o home que existe aquí e agora a quen se lle ofrece o don gratuíto de chegar a ser élel mesmo plenamente no Amor ou pecharse na soidade absoluta desintegrando o seu propio ser.
 
O home necesita dese ofrecemento que o transforme pois experimenta o [[pecado orixinal]]. Este non ha de entenderse como unha transmisión biolóxica dunha culpa allea que se remonta ao primeiro home ou grupo de homes ([[Adán]]), senón como a experiencia radicalmente limitante dunha liberdade codeterminada polas obxectivizacións da culpa ao longo da historia da humanidade. O home, en canto persoa arela a comuñón plena, pero experimenta a separación (o inferno son os outros, dirá [[Jean-Paul Sartre]]). O home en canto suxeito está condenado ao seu [[libre albedrío]], pero experimenta a escravitude do pecado e a morte como culpa.