Igrexa católica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Nome: arranxiño
Liña 32:
O adxectivo "católico" deriva do [[grego antigo]] "καθολικός" ''(kazolikós)'', que significa "universal". [[Ignacio de Antioquía]], discípulo de [[Xoán o Evanxelista|san Xoán]], dá no ano 110 o testemuño máis antigo deste nome: "Onde estea o Bispo, estea o xentío, así como onde estea [[Xesucristo]] estea a Igrexa Católica" <ref>Carta aos esmirniotas 8:2</ref>, e [[Cirilo de Xerusalén|San Cirilo de Xerusalén]] xa emprega o termo nas súas "Lecturas catequéticas" para distinguirse de quen se facían chamar cristiáns, pero caeran en [[herexía]]s. Nos tres primeiros séculos da Igrexa os cristiáns dicían "cristián é o meu nome, católico o meu sobrenome".
 
Logo do [[Gran Cisma|Cisma de Oriente]] de [[1054]], a igrexa que permaneceu en comuñoncomuñón coa [[Santa Sé|Sé de Roma]] continuou chamándose "Católica", mentres que as igrtexas orientais pasaron a coñecerse como "Ortodoxas". Despois da [[reforma protestante]] do [[século XVI]], a Igrexa seguiuno empregando para distinguirse das diferentes denominacións [[protestantismo|protestante]] que xurdiron.
 
O nome de "Igrexa Católica" é a denominación máis empregada nos documentos oficiais eclesiais, así como o termo empregado por [[Paulo VI, papa|Paulo VI]] para asinar os documentos do [[Concilio Vaticano II]].<ref>[http://www.vatican.va/archive/hist_councils/ii_vatican_council/ Documentos do Concilio Vaticano II]</ref> Porén, os documentos tanto da [[Santa Sé]]<ref>Exemplos: as encíclicas [http://www.vatican.va/holy_father/pius_xi/encyclicals/documents/hf_p-xi_enc_31121929_divini-illius-magistri_po.html ''Divini Illius Magistri'' (pt)] de [[Pío XI]] e [http://www.vatican.va/holy_father/pius_xii/encyclicals/documents/hf_p-xii_enc_12081950_humani-generis_po.html ''Humani generis'' (pt)] de [[Pío XII]]; declaracións comúns de [[Bieito XVI]] co [http://www.vatican.va/holy_father/benedict_xvi/speeches/2006/november/documents/hf_ben-xvi_spe_20061123_common-decl_en.html Arcebispo de Canterbury Rowan Williams (en)] e co [http://www.ewtn.com/library/PAPALDOC/b16bart1decl.htm Patriarca Bartolomé I de Constantinopla (en)]</ref> e por algunhas [[conferencia episcopal|conferencias episcopais]]<ref>Examplo: O ''Catecismo de Baltimore'', catecismo autorizado polos bispos católicos dos Estados Unidos, sostén: "That is why we are called Roman Catholics; to show that we are united to the real successor of St Peter" (punto 118) e refírese á Igrexa como "Igrexa Católica Romana" nos puntos 114 e 131 ([http://www.cin.org/users/james/ebooks/master/baltimore/bcreed09.htm Baltimore Catechism).]</ref> ás veces falan da '''Igrexa Católica Romana'''. O [[Catecismo de San Pío X]] publicado en 1908 tamén emprega o termo "Romana" para distinguir á Igrexa doutras comunidades cristiás que non están en comuñón coa Igrexa de Roma.