Richard Hamilton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: The Beatles (álbum)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 24:
 
== Traxectoria ==
Tras deixar o colexio sen conseguir ningún título, entrou a traballar nunha axencia publicitaria da cidade, mentres que acode a clases nocturnas no [[Saint Martin's School of Art]] e no [[Westminster Technical College]]. Con dezaseis anos entra na [[Royal Academy|Royal Academy of Art]] para estudar pintura, onde permanecería dous anos. Entre 1941 e 1946 traballou como [[delineante]] técnico, levando a cabo a súa primeira exposición en solitario en 1950, presentando unha colección de [[augaforte]]s.
 
Nos anos cincuenta, a súa obra, influída por [[Paul Cézanne|Cézanne]], o [[cubismo]], o [[futurismo]] e a [[cronofotografía]], preocúpase polo movemento ou a perspectiva.
 
1952 sería un ano crave na súa traxectoria artística. Ese ano empezou a impartir clases de [[tipografía]] e [[deseño industrial]] na Escola Central de Arte e Deseño de Londres. Ao tempo fundou xunto a [[Eduardo Paolozzi]], [[Lawrence Alloway]], [[Alison e Peter Smithson]] e [[Nigel Henderson]] o [[Independent Group]] no [[Instituto de Arte Contemporánea de Londres]] (ICA).
 
En 1956, organizouse unha exposición para a Whitechapel Art Gallery, baixo o título ''This is Tomorrow'' (Isto é mañá). Hamilton organizou a contribución do Independent Group á mostra, na cal presentaría a súa [[colaxe]] ''Just What Is It That Makes Today's Homes So Different, So Appealing?'' (''Pero que é o que fai aos fogares de hoxe en día tan diferentes, tan atractivos?''), o cal converteríase no manifesto da arte pop británica, movemento no que interpretaría un papel esencial.
 
Nesta obra aparecen multitude de elementos da [[cultura de masas]] estadounidense: unha moza de revista (ver: ''[[pin-up girl]]'' e ''[[cover girl]]''), un fisioculturista, un televisor, un logotipo de [[Ford Motor Company|Ford]], unha portada de [[historieta]], unha aspiradora, un cartel de cine, un retrato dun antepasado centenario e un enorme [[Chupa Chups]] (''chupetín'' ou caramelo con pau) sostido polo fisioculturista coma se fose unha raqueta de tenis, todo iso baixo o planeta Terra a modo de teito.
 
A súa obra nutrirase desde entón dos motivos e elementos da cultura popular e de masas.
 
Tamén foi o diseñador da cuberta do ''[[The Beatles (álbum)|White Album]]'' (''Álbum Branco'') de [[The Beatles]], en 1968. Precisamente a pintura e os colaxes de Hamilton fixéronse famosos en prácticamente en todo o mundo por ser un dos máis soados diseñadores gráficos das obras de The Beatles sendo nos '60 un dos máis coñecidos exponentes do pop-art xunto ao estadounidense [[Andy Warhol]], con todo, tras ser un dos organizadores en 1967 dunha retrospectiva da obra de [[Marcel Duchamp]] na [[Tate Gallery]] de Londres, o seu deseño para o ''White Album'' chamou a atención polo deseño, a "ilustración" que fixo da cuberta de tal [[Long Play|LP]] foi absolutamente [[minimalismo|minimalista]] -literalmente tal álbum era "ilustrado" coa non-cor branco, era un ''álbum'' como o sinala a etimoloxía latina-, moi austera e moi seria, polo cal rompía cos típicos abigarrados e alegres deseños do ''pop-art'' sesentista, neste caso tomaba distancia de coetaneos como [[Peter Blake (artista)|Peter Blake]].
 
En [[2007]] a cidade de [[Frankfurt]] outorgoulle o [[Premio Max Beckmann]]. Ao ano seguinte foille concedido o [[Praemium Imperiale]] de Pintura.
Liña 43:
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|Richard Hamilton (painter)}}
* [http://rwm.macba.cat/es/extra/extra_richard_hamilton/capsula Fragmentos de una charla con Richard Hamilton en 2003 (podcast)]
Liña 54:
 
{{ORDENAR:Hamilton, Richard}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores de Inglaterra]]
[[Categoría:Nados en 1922]]