Maruja Pino Piñeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Maruja Pino Piñeiro''', nada en [[Ponteareas]] o [[14 de xuño]] de [[1918]]<ref>Na páxina http://www.galegos.info/detalle.php?id=202&tabla=galegos dá 1920 como ano de nacemento.</ref> e finada en [[Madrid]] o [[28 de xuño]] de [[2010]]<ref>[http://www.atlantico.net/noticia/105372/marujapino/ponteareas/ ''Profundo dolor en Ponteareas por la muerte de Maruja Pino'']</ref>, foi unha escritora [[Galicia|galega]].
 
== Biografía ==
Nacida a cuarta de sete irmáns<ref>[http://www.galegos.info/detalle.php?id=202&tabla=galegos Biografía en Galegos.info]</ref>, comeza a estudar na escola franciscana da "Divina Pastora", e posteriormente fai o Bacharelato por libre con D. Jose Pino e D. Mariano Piñeiro, [[abade]] de [[Angoares, Ponteareas|Angoares]] (Ponteareas), ata cuarto curso. Cando D. Jose é trasladado por razóns políticas, realiza os tres últimos anos interna nas Carmelitas en [[Vigo]], logo do cal realiza a reválida na [[Universidade de Santiago]]. No quinto curso estuda as materias relacionadas con Maxisterio, logo do cal se adicaría profesionalmente á docendia durante varios anos.
 
Liña 8:
Faleceu aos 92 anos en [[Madrid]], onde vivía cunha filla. Os seus restos están soterrados na súa vila natal.
 
== Actividade cultural ==
Interesáballe a [[poesía]], xénero que escribía dende os catorce anos, a investigación e a [[historia]], temas sobre os que publicou varios artigos en revistas e libros. A súa obra figura na ''Antoloxía'' ([[1988]]) de [[Elisa Vazquez de Guey]], ''Mulleres salientadas de Galicia'' ([[1990]]), e no libro de [[Xesús López Fernández]] ''Poemas á Nai'', que ao longo de mil páxinas recolle poemas compostos á figura da nai por autores galegos, tanto residentes no país como na diáspora.
 
Liña 17:
Maruja Pino dedicouse desde moi moza a labores humanitarios, centrándose en [[Cáritas]], e foi presidenta na súa comarca da [[Asociación Española contra o Cancro]].
 
== Recoñecementos ==
No [[1991]] o Concello de [[Ponteareas]] outorgoulle a Medalla de Prata e Diploma polos traballos de toda unha vida adicada á investigación. En outubro do ano seguinte foille imposta en [[Pontevedra]] a Medalla da Asociación Española contra o Cancro polo seu labor humanitario. O [[22 de xuño]] de [[1997]] a Orde de Cabaleiros de San Miguel outorgoulle no Hotel Mondariz Balneario un premio polos seus traballos de investigación e literarios. Así mesmo recibiu o Diploma e Medalla de [[Fermín Bouza Brey]] polos estudos biográficos sobre este ponteareán, e o Diploma dos Pais Franciscanos pola súa colaboración na restauración do Convento.
 
O domingo [[18 de maio]] do [[2008]] foi a encargada de ler o pregón do Corpus na súa Ponteareas natal<ref>[http://concellos.integal.com/eportal/portal/index.php?id_concello=2&js=si&ajax=si&id_seccion=2&cpp=100000&solo_caja=2916 ''A escritora Maruja Pino lerá este domingo o pregón da festa do Corpus Christi'']</ref>.
 
== Obra ==
* ''Un libro y una flor'' ([[1977]])
* ''El marinero del canero maruxa'' ([[1979]])
* ''Edu y sus travesuras'' ([[1982]])
* ''Todo mi sentir'' ([[1983]])
* ''La princesa de la rosa blanca'' ([[1984]])
* ''Datos historicos turisticos de Ponteareas y el Condado'' ([[1981]])
* ''Pedro quiere un libro de animales'' ([[1986]])
* ''El Castillo de Villasobroso y su historia'' ([[1987]])
* ''Manual de buenas costumbres'' ([[1990]])
* ''El Corpus de Ponteareas y su historia'' ([[1991]])
* ''Los Vieitez de Puga'' ([[1996]])
* ''As azas do vento'', poesía.
* ''Sombras do meu lecer''
* ''Ponteareas ayer y hoy''
* ''Mondaríz Balneario''
* ''Poemas de amor''
* ''Qué vamos facer co noso Manoliño'', teatro
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://marujapino.blogspot.com/ Páxina da autora]
* [http://www.galegos.info/detalle.php?id=202&tabla=galegos Biografía]
 
{{ORDENAR:Pino Piñeiro, Maruja}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]