Manuel Varela Radío: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Junta>Xunta
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Manuel Varela Radío''', nado en [[Pontevedra]] o [[15 de decembro]] de [[1873]] e finado en [[Madrid]] o [[13 de decembro]] de [[1962]], foi un médico e catedrático [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Varela Radío nace en [[Pontevedra]], fillo de Teodoro Varela de la Iglesia, profesor de instituto procedente dunha familia liberal. Estuda o bacharelato nos institutos de Pontevedra e [[Santiago de Compostela|Santiago]]. Logo de matricularse en [[Medicina]], durante a carreira visitou algúns centros científicos de [[Alemaña]]. En Santiago foi discípulo de [[Ángel Martínez de la Riva]]. Despois de doutorarse en [[Madrid]] volve a Alemaña para especializarse en Xinecoloxía e Obstetricia con Bumm en [[Berlín]].
 
Liña 16:
Logo dun tempo en [[Francia]], asentouse en [[Zúric]] ([[Suíza]]). Sería cesado da súa cátedra polo goberno republicano, por abandono do servizo. Volta do seu exilio voluntario en 1941, logo de negociar coas autoridades franquistas. Á súa chegada veuse sometido a varios procesos polos diferentes tribunais encargados da represión. Foi separado do seu cargo polas novas autoridades e expedientado polo [[Tribunal de Responsabilidades Políticas]]. Non sería reposto ata 1945, poucos días despois pasaría á condición de xubilado, por cumprir a idade. Seguiu exercendo a actividade privada durante varios anos, practicamente ata a súa morte.
 
== Obras ==
* ''Formas clínicas de afasia'' (tese de doutoramento).
* “Formación de una vagina artificial á expensas de un troco de intestino delgado”.
* “Radioterapia del Cáncer”.
* “La marsupialización como medio de tratamiento de algunos tumores quísticos”.
* Tradución de ''Operaciones ginecológicas y sus fundamentos anatomotográficos'' de [[Heinrich Martís]]
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=82 Biografía no Álbum da ciencia de Cultura Galega]
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDIndHistDip?_piref73_1340024_73_1340023_1340023.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXD1S.fmt&DOCS=1-1&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&NUM1=&DES1=&QUERY=%28117510%29.NDIP. Ficha no Congreso]
 
{{ORDENAR:Varela Radio, Manuel}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Médicos de Galicia]]
[[Categoría:Deputados de Galicia]]