Manuel Serafín Fandiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Manuel Serafín Fandiño''', nado en [[Laxe]] o [[28 de febreiro]] de [[1889]] e finado en [[Buenos Aires]] o [[6 de febreiro]] de [[1960]], foi un sindicalista e xornalista galego.
 
== Traxectoria ==
Aos poucos días do seu nacemento a familia trasladouse a [[Santiago de Compostela]]. Emigrou a Arxentina en [[1905]]. Traballou en [[Buenos Aires]] como zapateiro especializado en alpargatas e foi representante do gremio na Federación de Obreros del Calzado. Tralo atentado contra o xefe de policía bonaerense en [[1909]], foi deportado a España, trasladándose posteriormente ao [[Brasil]]. En [[São Paulo]] colaborou no xornal anarquista ''La Bataglia''. En [[1911]] trasladouse a [[Montevideo]], onde fundou o Sindicato de Obreros Ebanistas y Anexos e axudou a crear a Federación de Trabajadores de la Madera, ademais de colaborar no seu xornal ''Aurora''. Foi secretario xeral do Consejo Federal de la Federación Regional Uruguaya, e colaborador do seu xornal ''Solidaridad'', así como doutras publicacións como ''Crónicas Subversivas'' e ''El Anarquista''. Dende [[1915]] residiu en Rio de Janeiro, Montevideo e Bos Aires e colaborou nos xornais ''Na Barricada'' e ''La Protesta'' e participou na fundación de ''Bandera Roja'' usando o pseudónimo de '''Alejandro Silvetti'''. Foi elixido secretario xeral da Unión Sindical Argentina en [[1922]] e [[1924]]. Defensor a partir de 1930 do sindicalismo autosuficiente, tomou parte na creación da Confederación General del Trabajo, e en [[1935]] integrou a delegación da XIX Conferencia da Organización Internacional do Traballo, realizada en Xenebra.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= O anarquismo na Galiza|nome= Eliseo|apelidos= Fernández|ligazónautor= Eliseo Fernández Fernández|coautores= [[Dionisio Pereira|Pereira, Dionisio]]|ano= 2004|editor= Positivas|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-87783-79-1 |páxinas= 105-106}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://enciclopediadaemigraciongalega.com/biografias/fandi%F1o_manuel.htm Biografía na Enciclopedia da emigración galega]
 
{{ORDENAR:Fandinno, Manuel Serafin}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades do anarquismo de Galicia]]
[[Categoría:Galegos da Arxentina]]