Xosé Lois González Vázquez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Zamora, España → Zamora
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
A súa familia era de [[Osmo, Osmo, Cenlle|Osmo]] ([[Cenlle]]) e alí pasou a súa infancia, ata que aos dez anos muda para [[Chantada]]<ref>[http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008060100_16_230050__Ourense-Xose-Lois-Gonzalez-Humorista-tecnico-telecomunicacions-Estiveron-insistindome-fora-candidato-Alcaldia Xosé Lois González, Humorista e enxeñeiro técnico de telecomunicacións: ''Estiveron un ano insistíndome en que fora candidato á Alcaldía''], [[Faro de Vigo]], 1/6/08</ref>. Estudou na universidade laboral de [[Zamora]] e logo fixo a carreira de telecomunicacións en [[Alcalá de Henares]] e en [[Madrid]], en [[1968]]. Traballou como xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense ata a súa xubilación en 2009<ref>[http://www.laregion.es/noticia/88719/ourense/subdelegaci%C3%B3n/homenaje/xos%C3%A9/lois/gonz%C3%A1lez/jubilaci%C3%B3n/:"Adiós a 36 años de ‘odisea’ profesional"], ''[[La Región]]'', 4 de xuño de 2009.</ref>, labor que compartía coa súa faceta de humorista gráfico. Foi membro da directiva da [[Agrupación Cultural Auriense]] e presidente deste colectivo durante 13 anos.
 
== Traxectoria artística ==
Colabora con regularidade nos xornais ''[[La Región]]'' de Ourense e ''[[Atlántico Diario]]'' de Vigo e tamén na revista ''[[Tempos Novos]]'' e o semanario ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', coa publicación de viñetas do [[O Carrabouxo|Carrabouxo]], personaxe que comparte o [[pseudónimo]] do autor e que creou en [[1982]].
 
Participou tamén en publicación colectivas, entre estas: ''Humor gráfico galego'', ''Os humoristas e a lingua'' ou ''Humor y tolerancia'', ''From Galicia whit humor'', ''Visto para sentencia-vamos a reirnos muy en serio del racismo-europa se rie del racismo'', e tamén nas publicacións da ''Bienal da caricatura'' de Ourense e na mostra internacional portuguesa ''Humorgrafe''.
Liña 13:
O seu personaxe, [[O Carrabouxo]], foi animado por [[Lhosca Arias]] no [[2000]] nunha serie titulada ''[[O Carrabouxo (filme)|O Carrabouxo]]'' de 26 capítulos dun minuto de duración.
 
== Obra publicada en formato de libro ==
=== Humor gráfico ===
* ''Ano e pico de Carrabouxos''
* ''20 anos de Carrabouxo'' (Deputación de Ourense)
* ''Novos chistes de Xosé Lois'' (A Nosa Terra)
* ''Humor gráfico''.
* ''Xosé Lois na transición'' (Universidade de Vigo).
* ''400 Carrabouxos mais''
* ''Carrabouxos 90''
Liña 27:
* ''318 chistes de Xosé Lois''
 
=== Obras colectivas ===
* ''O humor en cadriños. Conversas con [[Siro]], [[Xaquín Marín]], Xosé Lois, Gogue e [[Pepe Carreiro]]'', de Félix Caballero, [[2012]], Morgante.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[O Carrabouxo]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.carrabouxo.es Carrabouxo.es]
 
{{ORDENAR:Gonzalez Vazquez, Xose Lois}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia]]