Xerardo Álvarez Limeses: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 20:
'''Xerardo Álvarez Limeses''', nado en [[Pontevedra]] o [[10 de decembro]] de [[1871]] e finado na mesma cidade o [[19 de febreiro]] de [[1940]], foi un mestre e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
Fillo de [[Emilio Álvarez Giménez]] e irmán de [[Darío Álvarez Limeses]], cursou o Bacharelato en Pontevedra e participou canda a [[Víctor Said Armesto]] na fundación do ateneo Los Amigos del Progreso, no que comezou a súa faceta de escritor. Fixo a carreira de Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e a de Maxisterio en [[Madrid]], dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario. Foi secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, e en 1904 comezou a traballar como inspector de Primeira Ensinanza de Cádiz. Foi Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo.
 
Liña 27:
Casou con Dolores Gallego Martínez, e foi o pai de [[Gerardo Álvarez Gallego|Gerardo]] e Amalia Álvarez Gallego, que casou con [[Alexandre Bóveda]]. Na súa honra leva o seu nome o [[CEIP Álvarez Limeses]] de Pontevedra.
 
== Obra ==
=== En castelán ===
* ''Margaritas'' (poesía; Madrid, 1893)
* ''Versos morales'' (poesía; Pontevedra, 1895)
* ''Leyendas gallegas. Santa Trahamunda'' (Tui, 1917)
* ''El emisario de Oriente'' (drama en verso)
* ''Geografía de Galicia ([[provincia de Pontevedra]])''
 
=== En galego ===
''[[Antre dous séculos]]'' (poesía; Pontevedra, 1934)
 
== Galardóns ==
Entre 1900 e 1920 participou en certames e [[Xogos Florais]] nos que obtivo varios premios:
 
* Premio de honra no Certame Pedagóxico de Santiago de Compostela de 1905 por "Canto a la mujer gallega como madre y como maestra"
* Mención honorífica en Compostela o 23 de xullo de 1912 por "La mujer gallega" (tríptico de [[soneto]]s)
* Dous accésits en Pontevedra o 18 de setembro de 1912 en Poema con liberdade de asunto e metro; premio en romance de menos de cen versos; accésit en soneto en versos alexandrinos
* Premio en Lugo o 5 de outubro de 1915 por poesía en oitavas reais sobre [[Viveiro]]
* Premio en Tui en 1925 -milenario de [[Paio (mártir)|San Paio]]- por "Canto a Galicia" (en galego) e "Oda a Tuy".
* Premio en Vigo en 1929 por "Canto a la mujer gallega".
 
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', [[Ir Indo Edicións]], 2010-2011, [[Vigo]].
* [[Antonio Couceiro Freijomil|Couceiro Freijomil, A.]] (1951): "Álvarez Limeses, Gerardo". Entrada en ''[[Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores]]'', tomo I, páx. 45 {{es}}.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.xerais.es/cgigeneral/ficha_autor.pl?id_autor=100005814&id_sello_editorial_web=13&id_funcion=44 Ficha do autor en Xerais]
 
{{Árbore xenealóxica Álvarez - Bóveda}}
{{ORDENAR:Alvarez Limeses, Xerardo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]