Alfredo Vilas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Alfredo Vilas Iglesias''', nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1854]] e finado no [[O Grove|Grove]] o [[22 de setembro]] de [[1904]], foi un avogado e político galego. Republicanista e demócrata, foi considerado o mellor orador galego do seu tempo tanto nos foros xudiciais como na escena política, sendo coñecido na prensa do seu tempo como "O Castelar galego" polas súa brillante oratoria. Foi elixido concelleiro na [[A Coruña|Coruña]] a finais do século XIX.
 
== Traxectoria ==
Naceu nunha familia acomodada economicamente: o seu pai, Manuel Vilas Insua foi alcalde de [[Boqueixón]]<ref>http://www.boqueixon.com/persoeiros-ilustres/</ref> e conseguira unha solvente posición adquirindo propiedades eclesiásticas na [[desamortización]]. Estudou Medicina e Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]], e xa dende os seus tempos de estudante, que coincidiron co [[Sexenio Revolucionario]] e a [[Primeira República Española|Primeira República]], emprendeu unha activa posición política [[esquerdismo|esquerdista]]. Participou en Academias estudantís (asociacións de estudantes universitarios) e outras actividades que levantaron o receo da Igrexa compostelá, controladora case absoluta por entón da vida política e social da conservadora cidade. Este enfrontamento coas autoridades eclesiásticas acompañouno toda a súa vida, mesmo no intre da súa morte.
 
Liña 13:
En [[1896]], coincidindo co traslado da audiencia provincial á [[A Coruña|Coruña]], Alfredo Vilas estableceu nesta cidade o seu bufete, e durante uns anos exerceu de líder do republicanismo coruñés, sendo síndico do concello. Decepcionado polo ton conservador dos republicanos coruñeses (aspecto comentado por [[Castelao]] en ''[[Sempre en Galiza]]'', onde cita a [[Curros Enríquez]] e Alfredo Vilas como contrapostos a ese republicanismo que transixía co caciquismo), Vilas retirouse da primeira liña da política nos seus últimos anos, aínda que en [[1902]] deu un sonado mitin en réplica á campaña do ultraconservador [[Ramón Nocedal]].
 
== Enfrontamentos coa igrexa ==
En [[1892]], con motivo dunha recaída de saúde considerada insalvable (das que Alfredo Vilas protagonizou varias, debido a un problema hepático), o arcebispo [[Martín de Herrera]] delegou á casa do orador até a seis eclesiásticos de distintas ordes<ref>"Asedio místico", en ''Las Baleares. Diario republicano'', 21 de marzo de 1892, pax. 1</ref>, que amparados na desesperación da súa muller e irmá, tentaron sen éxito a conversión do enfermo. No momento previo á súa morte, acontecida na casa do alcalde do Grove, tras unha súbita indisposición, co enfermo xa inconsciente, o crego traído de Santiago pola muller de Vilas negouse a darlle a [[extremaunción]], alegando a inconsciencia deste e a súa "coñecida vida e ideas". A familia tentou soterralo en Santiago ou en [[Prevediños, Touro|Prevediños]] ([[Touro]]), lugar de orixe da súa familia e segunda residencia do finado. O arcebispo de Santiago negou o permiso para o enterro "en sagrado", e os restos de Alfredo Vilas foron trasladados por tren ao [[Cemiterio de Santo Amaro da Coruña|cemiterio de San Amaro da Coruña]], ao ser o único de carácter civil, onde foi soterrado nun multitudinario enterro. Este episodio, vinganza póstuma da autoridade eclesial sobre Vilas, motivou unha polémica social, e unha carta aberta aos distintos xornais por parte da súa muller, criticando duramente a "falla de piedade" da igrexa.
 
== Valoración da súa figura ==
Probablemente por non ter unha sólida obra escrita, e a súa brillantez oratoria estar recollida só pola prensa, e "de oídas" a maioría das veces, a figura de Alfredo Vilas semella estar bastante esquecida, en contraste coa notoriedade social e política acadada en vida. A falla de sucesores directos motivou tamén a perda dos seus arquivos e legado, contribuíndo a esta escuridade biográfica. [[Antón Vilar Ponte]] adicoulle un artigo<ref>"Cosas nuestras.(Con motivo de la muerte de Alfredo Vilas)", Vilar Ponte, Antón, en ''[[Revista Gallega]]'' - N. 499, pax. 4 e 5</ref> á súa morte no que lamentaba o modo en que a prensa galega empequenecía o seu valor ao chamalo "El Castelar gallego", sendo para el superiores as súas dotes oratorias ás do presidente da primeira república.
 
En vida, deu nome a unha avenida na [[illa da Toxa]], e tras do seu pasamento, unha rúa da zona vella da [[A Coruña|Coruña]] levou o seu nome, até que foi mudado polo actual de Historiador Bedía.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela|nome= Dionisio|apelidos= Pereira|ligazónautor= Dionisio Pereira|coautores= |ano= 2012|editor= Fundación 10 de Marzo|localización= Santiago de Compostela|isbn= 978-84-939921-0-1}}
 
{{ORDENAR:Vilas Iglesias, Alfredo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Avogados de Galicia]]