Kartini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:COLLECTIE TROPENMUSEUM Portret van Raden Ajeng Kartini TMnr 10018776.jpg|miniatura|Retrato de Kartini]]'''Raden Ayu<ref>''Raden Ayu'' era un título levado como dona dun ''[[priyayi]]'', unha clase de [[nobreza de toga]] xavanesa</ref> Kartini''', nada en [[Jepara]] o [[21 de abril]] de [[1879]] e finada en [[Rembang]] o [[17 de setembro]] de [[1904]], tamén coñecida como '''Raden Ajeng Kartini''', foi unha nobre [[Xava|xavanesa]] considerada heroína nacional [[indonesia]] polo seu labor pioneiro no campo dos dereitos da muller.
 
== Traxectoria ==
[[ImaxeFicheiro:COLLECTIE TROPENMUSEUM Studioportret van Raden Ajeng Kartini met haar ouders zussen en broer TMnr 10018778.jpg|miniatura|Foto de estudio cos seus pais e irmáns]]
Kartini naceu nunha familia de ''[[priyayi]]'' - unha especie de nobreza formada por funcionarios - nas [[Indias Orientais Neerlandesas]]. O seu pai Raden Mas Aria Adipati Sosroningrat era ''[[bupati]]'' (gobernador) de [[Jepara]] e a súa nai, Ngasirah, era a súa primeira esposa pero non a dona principal. As leis coloniais da época establecían que un gobernador tiña que casar cunha nobre e como a nai de Kartini non era o suficientemente nobre<ref>[http://archive.today/Fp2Lr "Interview with Kathryn Robinson: Secularization of Family Law in Indonesia" ''Harvard Asia Quarterly'']</ref>e a [[poligamia]] era habitual na nobreza, Sosroningrat casou con Raden Ajeng Woerjan, descendente directa do [[raxá]] de [[Madura]].
 
Kartini era o quinto fillo e a filla máis vella, incluíndo aos medios irmáns. A súa era unha familia cunha importante tradición dentro do alto funcionariado colonial, o seu avó, Pangeran Ario Tjondronegoro IV, fora gobernador aos vinte e cinco anos, e intelectual, o irmán máis vello de Kartini, era [[lingüística|lingüísta]]. Kartini puido ir á escola ata os doce anos, alí aprendeu a falar e escribir [[lingua neerlandesa|neerlandés]], algo inusual nas mulleres xavanesas na época<ref>Anos despois, en 1930 calculábanse en 34.000 as mulleres xavanesas que podían escribir en neerlandés Elsbeth, Locher-Scholten (2000) ''Women and the Colonial State: Essays on Gender and Modernity in the Netherlands Indies, 1900-1942'' Amsterdam University Press, p.19</ref>. Pero tras cumprir os doce anos, como era habitual na nobreza xavanesa, recluída na casa para se preparar para o matrimonio, pero a diferenza doutras familias o seu pai permitiulle tomar leccións de bordado e aparecer en público con ocasión dalgúns acontecementos especiais. Durante a súa reclusión continuou a se instruír por medio de lecturas e fixo amigos por correspondencia nos Países Baixos, salientando a que mantivo con Rosa Abendanon, os libros, xornais e revistas europeos fixo que se interesase polo [[feminismo]] europeo e polas condicións das mulleres do seu país. Entre as lecturas desa época está o xornal ''[[De Locomotief]]'' de Semarang, así como ''leestrommel'', un paquete con revistas neerlandesas que as librerías enviaban a subscritores, o que incluía revistas culturais, cienfíticas e a revista feminina ''De Hollandsche Lelie'', á que enviou colaboracións que lle publicaron. Antes dos vinte anos xa lera ''[[Max Havelaar]]'' e ''Geloofsbelydenis'' de [[Multatuli]], mais tamén ''De Stille Kracht'' de [[Louis Couperus]], as obras de [[Frederik van Eeden]], [[Augusta de Witt]], a autora romántico-feminista [[Goekoop de-Jong Van Eek]] ou a novela antibélica de [[Berta von Suttner]], ''Die Waffen Nieder!''.
[[ImaxeFicheiro:Raden Adjeng Kartini.jpg|miniatura|Kartini co seu home, Joyodiningrat]]
Os pais de Kartini arranxaron o seu matrimonio, contra a súa vontade, con Joyodiningrat, gobernador de [[Rembang]], quen xa tiña tres mulleres, casou o 12 de novembro de 1903. O seu home permitiulle abrir unha escola para mulleres no pórtico oriental da súa residencia. O 13 de setembro de 1904 deu a luz ao seu fillo morrendo poucos días despois, o 17 de setembro.
 
== Herdanza ==
Inspirándose no exemplo de Kartini, o político neerlandés [[Conrad Theodor van Deventer]] estableceu en 1913<ref> Huygens ING - Den Haag. Bronvermelding: F.G.P.Jaquet, 'Deventer, Conrad Theodor van (1857-1915)', in Biografisch Woordenboek van Nederland. URL:http://resources.huygens.knaw.nl/bwn1880-2000/lemmata/bwn1/deventer , 12 de novembro de 2013]</ref> a Fundación Kartini para a construción de escolas para mulleres ( as ''Kartinischolen''). Con motivo do cincuenta aniversario da súa morte celebrouse un recoñecemento nalgunha das escolas da fundación <ref>C. Frans, 'Peringatan hari maulid jang kelima poeloeh dan hari wafat jang kedoea poeloeh lima dari almarhoem R.A. Kartini, pendekar associatie-politiek' ''Oedaya'', 76 (1929): 140–45. </ref> e o creador do himno nacional [[Wage Rudolf Supratman]] escribiu unha canción a ela dedicada<ref>[ http://www.jakarta.go.id/web/encyclopedia/detail/3528/Wage-Rudolf-Supratman Wage Rudolf Supratman en ''Ensiklopedi Jakarta'']</ref> que se espallou entre o movemento nacionalista. Ao longo da década de 1930 celebrábase o día de Kartini en varias cidades do centro de Xava organizados por asociacións de mulleres e a sección feminina xavanesa da organización xuvenil nacionalista [[Indonesia Moeda]] <ref> "Kartini Herdenking: bijeenkomst in den sobo–Kartti Schouwburg" ''De Locomotief'', 22 de abril de 1937</ref> comezando a se espallar a celebración por outras partes das Indias Neerlandesas<ref>Armijn Pane "R.A. Kartini: dipandang dari djoeroesan kesoesasteraan", ''Keoetamaan Isteri'', abril de 1939, pp. 9–10. </ref> e tirando algunhas publicacións nacionalistas edicións especiais dedicadas a Kartini<ref> Mahy, Petra "Being Kartini:
Ceremony and Print Media in the Commemoration of Indonesia's First Feminist" ''Intersections: Gender and Sexuality in Asia and the Pacifi''c
28, marzo de 2012</ref>. Coa independencia instituíuse oficialmente o Día de Kartini o 21 de abril <ref>"Hari Kartini dizaman Indonesia Merdeka" ''Kedaulatan Rakjat'', 22 de abril de 1946, p. 1</ref>. En 1964 o presidente [[Sukarno]] incluíuna no panteón de heroes nacionais.
[[ImaxeFicheiro:COLLECTIE TROPENMUSEUM Hari Kartini TMnr 60033701.jpg|miniatura|Conmemoración do día de Kartini en 1953]]
 
=== Obra epistolar ===
Despois da morte de Kartini, [[Jacques Henrij Abendanon]], antigo ministro de cultura das Indias Neerlandesas recolleu e publicou as cartas que ela intercambiaba cos seus amigos en europa, o libro publicouse como ''Door Duisternis tot Licht'' en 1912 nos Países Baixos e nos anos sucesivos viu cinco edicións, engadíndose na última máis cartas. O libro escrito por unha muller nativa atraeu grande interese nos Países Baixos e axudou a cambiar o xeito que os neerlandeses vían ás mulleres xavanesas e tamen inspirou á ''[[intelligentsia]]'' indonesia e ao movemento polos dereitos da muller. En 1920 traduciuse ao inglés como ''Letters of a Javanese princess'' e en 1922 ao malaio, lingua franca das Indias Orientais Neerlandesas, como ''Habis gelap terbitlah terang''. Á lingua materna de Kartini, o [[lingua xavanesa|xavanés]], traduciuse en 1938 <ref>Soebadio, Haryati e Soebadio, Noto (1990) ''Kartini: pribadi mandiri'' Gramedia Pustaka Utama, p.IX</ref> co título de ''Mboekak Pepeteng''.
 
== Pensamento ==
[[ImaxeFicheiro:COLLECTIE TROPENMUSEUM De meisjes in het internaat met mejuffrouw Avelingh en mevrouw Goes. TMnr 60002669.jpg|miniatura|Mestras e alumnas dunha ''Kartinischool'' contra 1920]]
=== Condición da muller ===
Nas súas cartas, Kartini escribiu particularmente das condicións sociais da súa época e en especial das da muller xavanesa. Revélase contra da tendencia que tiña a cultura tradicional xavanesa para porlle trabas ao desenvolvemento da muller, pola contra ela quería que tivesen liberdade para aprender e estudar. Kartini escribiu das súas ideas e ambicións que incluían segundo as súas propias palabras o ''Zelf-ontwikkeling, Zelf-onderricht, Zelf-vertrouwen, Zelf-werkzaamheid'' e ''Solidariteit'', traducido como autodesenvolvemento, autoaprendizaxe, autoconfianza, autosuficiencia e solidariedade, ideas todas baseadas no lema ''Religieusiteit, Wijsheid en Schoonheid'', isto é relixiosidade, sabedoría e beleza, aos que habería que engadir o [[humanitarismo]] e o [[nacionalismo]].
 
Liña 30:
== Notas ==
{{Listaref|2}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en 1879]]