Manne Siegbahn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Karl Manne Georg Siegbahn''', nado en [[Örebro]] o [[3 de decembro]] de [[1886]] e finado en [[Estocolmo]] o [[26 de setembro]] de [[1978]], foi un [[Física|físico]] [[Suecia|sueco]] que recibiu en [[1924]] o [[Premio Nobel de Física]].
 
== Traxectoria ==
Karl Manne Siegbahn foi nomeado doutor en [[1911]] na Universidade de [[Lund]]. O título da súa tese foi ''Magnetische Feldmessungen'' (''Medidas do [[campo magnético]]''). Foi premiado coa [[medalla Hughes]] en [[1934]] e coa [[medalla Rumford]] en [[1940]].
 
Casou con Karin Högbom en 1914 e tiveron dous fillos: Bo Siegbahn (diplomado, nacido en 1915) e [[Kai M. Siegbahn]] (físico, nacido en 1918). Este último tamén recibiu o Premio Nobel de física en [[1981]].
 
=== Investigacións científicas ===
As súas investigacións científicas céntranse no ámbito da [[espectroscopia]] mediante [[raios X]], razón pola que foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1924.
 
== Recoñecementos ==
Na súa honra bautizouse ao [[asteroide]] (10446) Siegbahn descuberto o [[16 de outubro]] de [[1977]] por [[Cornelis Johannes van Houten]], [[Ingrid van Houten-Groeneveld]] e [[Tom Gehrels]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/1924/index.html Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1924] {{en}}
 
 
{{Premios Nobel de Física}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Físicos de Suecia|Siegbahn, Manne]]
Liña 24 ⟶ 25:
[[Categoría:Nados en 1886]]
[[Categoría:Finados en 1978]]
[[Categoría:Nados en Örebro‎Örebro]]