William Lawrence Bragg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Sir William Lawrence Bragg''', nado en [[Adelaida]] ([[Australia]]) o [[31 de marzo]] de [[1890]] e finado en [[Ipswich]] ([[Inglaterra]]) o [[1 de xullo]] de [[1971]], foi un [[Física|físico]] [[Reino Unido|británico]] galardoado en [[1915]] co [[Premio Nobel de Física]] xunto co seu pai [[William Henry Bragg]].
 
== Traxectoria ==
Naceu en Australia, daquela parte do [[Imperio Británico]]. Fillo do físico británico sir [[William Henry Bragg]], en 1904, con tan só 15 anos, comezou a estudar na Universidade de Adelaida [[matemáticas]], [[química]] e [[física]]. Graduouse en [[1908]], con 18 anos. Ese mesmo ano o seu pai aceptou un traballo na Universidade de Leeds, trasladándose a familia a [[Inglaterra]]. No outono de [[1909]] entrou no Trinity College de [[Cambridge]]. Graduouse en matemáticas a pesar de estar en cama con pneumonía cando tivo que facer o exame. Posteriormente dedicouse ao estudo da física, graduándose en [[1911]].
 
Foi profesor da Universidade Vitoria de Manchester ([[1919]]-[[1937]]) e nomeado director do Laboratorio Nacional de Física ([[1937]]-[[1938]]). En [[1938]] foi nomeado profesor de física experimental da Universidade de Cambridge. En [[1941]] foi honrado co título de cabaleiro (''sir'').
 
== Investigacións científicas ==
Colaborou nas investigacións que estaba levando a cabo o seu pai en canto aos fenómenos de [[refracción]] e [[difracción]] dos [[raios X]], e por estas investigacións foille outorgado o [[premio Nobel de Física]] en [[1915]], xunto co seu pai. Desenvolveu a [[lei de Bragg]].
William Lawrence Bragg con 25 anos é a persoa máis nova que recibiu un [[Premio Nobel]].
Liña 16:
Entre os seus escritos hai que destacar ''The Crystalline State'' ([[1934]]) e ''Atomic Structure of Minerals'' ([[1937]]).
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/1915/index.html Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1915] {{en}}.
 
{{Premios Nobel de Física}}
 
{{ORDENAR:Bragg, Williams Lawrence}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Premio Nobel de Física]]