Igrexa ortodoxa siríaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 43:
Teñen sete [[sacramento (relixión)|sacramentos]], que se imparten nunha rica e lírica liturxia como signos reais do amor gratuíto de Deus (graza que renova a cada home e á Creación enteira).
 
Os crentes máis devotos conservan diversas formas de culto, entre as que están as sete oracións do día coa ollada cara o Leste. Conservan tamén a prokinesis, ou prostración, e outros elementos que foron adoptados polo [[Islam]]. O día eclesiástico comeza co solpor. A ''Qurbono'' (eucaristía), é celebrada cada domingo. As vestimentas dos sacerdotes e diáconos son ricas en simbolismo e únicas no contexto da historia das relixións. Os himnos litúrxicos son un auténtico tesouro denominado (''Beth Gazo'') e seguen a ser referencia para os estudosos da espiritualidade cristiá oriental. Nas igrexas siríacas, á diferenciadiferenza da [[Igrexa Ortodoxa]], non ten iconostasio, o velo do templo descóbrese para dar visión do altar aos fieis como expresión da fusión entre Ceo e Terra.
 
As normas morais baséanse no amor a Deus e ao próximo, incluído o inimigo. Durante o Qborno o bico da paz repártese entre todos os fieis dende a primeira fila ata a derradeira. De mentalidade moi conservadora, os siríacos teñen grande aprecio ao matrimonio e á familia, conservando, ata hai pouco, estruturas amplas a modo de clans. Os sacerdotes poden estar casados, non así os bispos.