Salmos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Igor Stravinskii
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 162:
Os Salmos foron extremadamente populares entre aqueles que seguiron a tradición reformada.
 
Seguindo a [[reforma protestante]], as [[salterio métrico|paráfrases das estrofas]] de moitos Salmos se poñían como [[himno]]s. Estas foron particularmente populares na tradición [[calvinista]], onde estas foran inicialmente cantadas coa [[salmodia exclusiva|exclusión dos himnos]]. O propio Calvino traduciu ao francés algúns Salmos para o seu uso na igrexa. A obra de [[MartínMartiño Lutero]] [[Un castelo forte é o Noso Deus]] (A Mighty Fortress is Our God) baséase no Salmo 46. Entre outras versións dos himnos famosos do Salterio están o [[Psalterio métrico|Salterio escocés]] e a de [[Isaac Watts]]. O primeiro libro impreso en [[Norteamérica]] foi unha colección de Salmos, o [[Libro de Salmos da baía]] (Bay Psalm Book, [[1640]], chamado así por imprimirse na colonia inglesa da baía de Massachusetts).
 
Pero xa antes do século XX estaban, na súa inmensa maioría, sendo cambiados por himnos nas misas. Porén, os Salmos son populares para a devoción privada entre moitos protestantes; hai entre algúns círculos o costume de ler un Salmo e un capítulo dos [[Proverbios]] cada día, correspondendo co día do mes.