Pecado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Sen referencias para "Martiño Lutero", hai algunhas (poucas) referencias a "Martín" como nome galego; cambios estética
Liña 5:
 
== Características ==
=== Xudaísmo ===
No [[xudaísmo]] identifícase cunha traizón á Alianza entre o pobo de [[Israel]] e Yavé, cando este, tras liberar a aquel da escravitude de [[Exipto]], dita a [[Moisés]] a [[Torá]] ou Lei condensada no decálogo prometéndolle felicidade e prosperidade. Nesa mesma relixión, a tradición profética identifica o pecado como a infidelidade á Alianza asimilándoa a unha relación nupcial onde Deus é o amante, fiel e celoso Esposo, e Israel, ao oprimir ao pobre, o orfo, o estranxeiro e a viúva e caer na idolatría, é a Esposa adúltera.
 
=== Cristianismo ===
Na [[Igrexa Católica]] o pecado é un acto, intención ou actitude libre do ser humano que supón faltar ao amor para con Deus e para co próximo, a causa dun apego perverso a certos bens. Fire a natureza do home, imaxe de [[Deus]] e chamado ao [[Amor]], e atenta contra a solidariedade humana. A raíz do pecado está no corazón do home cuxa natureza caída está ferida polo [[pecado orixinal]] que limita e atenaza o amor que reside nel e que é o principio das obras boas.
 
Liña 15:
Na [[Igrexa Ortodoxa]] enfatízase a identificación do pecado cunha enfermidade do ser, unha escravitude que lle imposibilita a deificación que arela a súa esencia. Para teólogos ortodoxos como [[Olivier Clément]] ou [[Pavl Evdokimov]], dentro da tradición ascética oriental, o pecado aparece como dislocación divino-humana e humana, dos homes e entre os homes. Para eles o pecado aliena, separa e illa nunha soidade infernal, envelena as relacións humanas e ata o mesmo ambiente cósmico.
 
Para o [[protestantismo]] é o estado existencial por antonomasia do ser humano, incapaz por si mesmo de facer o ben, por estar toda obra boa envolta tamén pola concupiscencia. Isto determina a maldade esencial da súa conduta sempre debedora da soberbia e impregnada do egoísmo e cuxo poder o home sufre cunha impotencia característica. Teólogos luteranos como [[Eberhard Jüngel]] afirman que o pecado non se dá a coñecer por si mesmo. Lonxe diso busca impedir a súa identificación e coñecemento. Cando o pecado acontece, seduce xa tamén ao home para que viva unha existencia como se o pecado non existise. O propio [[Martín Lutero|Martiño Lutero]] afirma ''natura peccati est non velle esse peccatum''. Segundo [[Sören Kierkegaard]] ''ningún home, polas súas propias capacidades e por si mesmo, é quen de enunciar o que é o pecado, e non o é precisamente porque está en pecado''. Nesta mesma liña, [[Karl Barth]] entende que ''o coñecemento de que o home é pecador, fáltalle precisamente porque é pecador''. En [[Xesús de Nazaret]], Deus salva gratuitamente ao home da escravitude do pecado e o rescata da morte eterna.
 
[[Ficheiro:Geiger-masturbation-mutuelle.jpg|miniatura|300px|A luxuria é considerada habitualmente como pecado]]
Liña 22:
Para [[Gregorio Magno]] a raíz de todo pecado concreto está na soberbia, que é o pecado demoníaco e do que derivan o resto dos pecados capitais: envexa, avaricia, xenreira, tristura, luxuria, gula.
 
Para os [[Pais da Igrexa]] os pecados provocan situacións sociais de inxustiza e desigualdade contrarias á bondade divina. Salvo o que se denomina blasfemia contra o [[Espírito Santo]], o pecado non supón un límite para a misericordia de Deus. Xa para Paulo de Tarso, ''onde abondou o pecado sobreabundou a [[graza]],'' e na liturxia das Igrexas proclámase: ''Oh! feliz culpa, que mereceu tan grande redentor.''
 
=== Islam ===
Para o [[islam]] pecado é todo o que atenta contra a concepción de Deus (''tawhid'') como o Único e o Principal, Aquel de quen procede todo. Isto é o que expresa o primeiro dos Cinco Piares do Islam coñecido como ''Sahadah''. A violación do principio do tawhid equivale a cometer ''shirk'': "asociación". A forma máis groseira de "asociación" é a idolatría, ou crer que Deus non é un. Existen formas sutís de ''shirk'' como a preocupación polas riquezas ou a arrogancia. No [[Corán]] existen dous nomes de Deus que salientan sobre os demais: ''al-Rahman'' (o "Compasivo") e ''al-Rahim'' (o "Misericordioso"), que expresan cualidades que han de ser imitadas polos seres humanos<ref>Michael D. Coogan, ''Religiones del Mundo'', Barcelona 1999. ISBN.84-8076-318-3</ref>. O Corán di que Deus ordeou aos anxos venerar a Adán (II:32), por iso atentar contra un home é atentar contra todos os homes e ofender a Deus (V:35). Deus é amigo do home , por iso outórgalle unha dignidade que lle permite defenderse pero sen excederse. Non facelo é faltar a amizade con Deus e excederse tamén. O infiel é o ingrato, o que cae no ''ghaflah'' ou esquecemento da orixe divina, da omnipotencia e misericordia de Deus<ref>Huston Smith, ''Las Religiones del Mundo'', Barcelona 1995. ISBN 84-8237-006-5</ref>.
 
A ética musulmana e o seu concepto de pecado está entretecida profundamente coa tarefa política de fundar unha sociedade (''umma'') boa e xusta baixo a guía de Deus<ref>Niniam Smart, ''Las Religiones del Mundo'', Madrid, 2000. ISBN 84-460-1027-5</ref>. No Corán regúlanse as normas e condicións para conseguilo (''[[xaria]]'' ou lei islámica), entre o que salienta o deber da esmola, outro dos Piares do Islam, que supón compartir os bens cos necesitados e practicar a hospitalidade. A fidelidade a Deus esixe de cada crente a ''[[xihad]]'', que é a loita contra todo o pecaminoso que se opón á vontade de Deus, quer no interior do home, quer na súa dimensión social e política.
Liña 31:
O pecado non condena ao home de xeito irrevocable;{{Cita|''Quen se arrepinte despois de ter cometido unha inxustiza e se corrixe, consegue que Deus volva a el. Deus é indulxente, misericordioso''|Corán V:43}}
 
== O pecado na cultura popular galega ==
* A gran pecado, gran misericordia.
* A pecado novo, penitencia vella.
Liña 40:
* Tan malo é pecar por carta de máis como por carta de menos.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Sins}}
=== Bibliografía ===
* Jüngel, Ebehard, O Evanxelio da xustificación do Impío. ISBN 84-301-1518-8
* Paul Eudokimov, As Edades da vida espiritual. ISBN 84-301-1479-3