Diferenzas entre revisións de «Tumor»

m (Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q133212)
 
== Causas dos tumores ==
Os tumores son alteracións debidas diversos factores desencadeantescausantes. Deste xeito, existe un marcado compoñente xenético nos cancros e un importante compoñente ambiental. Os xenes involucrados nestes procesos son varios, algúns deles característicos de determinados cancros (BRCA 1 e 2 no cancro de mama ou o APC no adenocarcinoma de [[colon]]). Outros, coma o xene [[p53]] aparecen mutados en moi diversos cancros. As funcións destes xenes son múltiples, pero un grupo importante regula o ciclo celular, directa ou directamente. É o caso do p53, que ao detectar anomalías [[xene|xenéticas]] irreparables debe iniciar a [[apoptose]] (a morte da célula tumoral). O p53 é un xene moi susceptible ás substancias do tabaco, aínda que tamén pode ser defectuoso dende o nacemento.
 
O compoñente ambiental é aínda máis importante caos xenes nalgúns tumores. É o caso dos [[mesotelioma]]s, que se producen debido a contactos longos con [[asbesto]]. Unha mala dieta, pobre en fibra tamén é un factor favorecedor do cancro de colon. Algúns tumores están causados por infeciónsinfeccións, é o caso do cancro de [[estómago]], que está relacionado pola infección por [[Helicobacter pylori]], o mesmo [[mecrobio]] que causa a [[úlcera gástrica]]. Algunhas infeciónsinfeccións víricas tamén poden producir tumores, é o caso de infeciónsinfeccións do [[virus]] de [[virus de Epstein-Barr|Epstein-Barr]].
 
[[Categoría:Doenzas]]
308.596

edicións