Xustiniano I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Syum90 (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 3690949 de 88.18.11.112 (conversa)
Liña 56:
A decisión de atacar o [[reino vándalo]] coincidiron coa aparición neste dunha serie de debilidades. A simbiose entre invasores e invadidos non chegou nunca a consolidarse, o cal xerou hostilidades cos últimos. O medo a revoltas internas conducira á desfortificación dos núcleos urbanos por medo a que acollesen revoltas. Á súa vez un xeneral godo que rexía [[Sardeña]] en nome do monarca de Cartago pretendeu con axuda militar oriental gobernar de forma independente, pero foi detido por Xelimer antes de que a devandita axuda chegase.
 
A flotafrota oriental abandonou os portos de Constantinopla a mediados de xuño de [[533]] e vía [[Sicilia]] alcanzou as costas africanas ao cabo de tres meses. Belisario atopou escasa resistencia, e tras un vitorioso encontro cos vándalos de Ad Decimum, ocuparía Cartago dous días despois. Xelimer, medorento de que entronizaran ao deposto rei, executou a Hilderico antes da caída de Cartago e fuxiu aos rebordes montañosos. Finalmente optou por entregarse a finais de marzo de [[534]]. [[Belisario]] conduciuno ata Constantinopla, onde o xeneral foi recibido con grandes honores, reservados ao Emperador. A provincia foi anexionada ao Imperio, a pesar que as tribos periféricas supuxeron un perigo durante máis dunha década.
 
=== Campañas contra o Reino Ostrogodo (540 - 554) ===