Fiódor Dostoievski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 20:
O pai de Dostoievski morreu no ano [[1837]], segundo algunhas versións asasinado polos seus propios servos, que durante unha das habituais e violentas borracheiras do amo aproveitaron para afogalo. Outras versións indican que a morte foi por causas naturais, e que a historia da morte violenta foi inventada por un veciño para comprar a baixo custo as propiedades dos Dostoievski. A figura do pai dominante marcaría o traballo do escritor, servindo posiblemente de base á personaxe de Fiódor Pavlovich Karamazov, o pai dos tres principais protagonistas da novela ''Os irmáns Karamazov''.
 
Dostoievski deixou a academia militar co grao de tenente e, un ano despois, en [[1843]], publicou unha tradución de novela de [[Honoré de Balzac]] ''Eugenie[[Eugénie Grandet]]''. En [[1844]] aparece a súa primeira novela ''Biédnie Liudi'' (''Pobres xentes'') e o escritor acada unha popularidade case inmediata. A reacción á súa segunda novela ''Dvoinik'' (''O dobre''), estudo psicolóxico dun burócrata, foi, porén, negativa.
 
[[Ficheiro:Dostoevsky.jpg|200px|dereita]]