Brooklyn Nets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua inglesa (es:Brooklyn Nets)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 104:
== Rivalidades ==
=== Boston Celtics ===
[[Ficheiro:Boston Celtics-Brooklyn Nets.jpg|thumb|Partido entre os Nets e os Celtics no [[Barclays Center]] en 2012.]]
A rivalidade dos Nets cos [[Boston Celtics]] comezou a principios da década de 2000 debido á proximidade xeográfica e ás súas estrelas incipientes. Os Nets estaban liderados por [[Jason Kidd]] e [[Kenyon Martin]], mentres que os Celtics estaban a rexurdir da man de [[Paul Pierce]] e [[Antoine Walker]]. A rivalidade comezou a caldearse nas Finais da [[Conferencia Leste]] de 2002, que foi precedida por comentarios ofensivos dos Celtics que afirmaban que Martin era un "falso" tipo duro. A presión foi aumentando co desenvolvemento da serie, e as tensións da pista parecían discorrer cara as bancadas. Afeccionados dos Celtics increparon a Kidd e a súa familia, con cánticos de "Wife Beater!" (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''maltratador'') en resposta aos cargos do xogador por abuso familiar en 2001.<ref>{{cita web|url=http://amarillo.com/stories/053102/spo_jasonkidd.shtml#.VjtTZrerSUk|título=Celtics fans' taunts hurt Jason Kidd's wife|autor=Wilstein, Steve|obra=Amarillo Golbe-News|data=31 de maio de 2002|lingua=inglés|dataacceso=5 de novembro de 2015}}</ref> Cando a serie regresou a [[Nova Jersey]], os fans das Nets responderon, con esgrimindo algúns carteis que dicían: "Will someone please stab Paul Pierce?" (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''Por favor, podería alguén acoitelar a Paul Pierce?'') referíndose a un incidente nunha discoteca no ano 2000 na que Pierce foi acoitelado once veces.<ref>{{cita web|url=http://www.enquirer.com/editions/2002/05/31/spt_nets_celtics_heating.html|título=Nets, Celtics heating it up|autor=Nance, Roscoe|obra=USA Today|data=31 de maio de 2002|lingua=inglés|dataacceso=5 de novembro de 2015}}</ref> Preguntado pola situación, Kenyon Martin declarou: "Os nosos fans ódianos, os seus fans ódiannos". [[Bill Walton]] declarou que a serie Nets-Celtics foi o "principio da seguinte gran rivalidade da NBA".