Diferenzas entre revisións de «Carapucha 5'»

A carapucha 5' impide a degradación do ARN de dúas maneiras. En primeiro lugar, como se mencionou antes, impídese a degradación do ARNm polas exonucleases 5′ porque funcionalmente o extremo 5' con carapucha semella un extremo 3'. En segundo lugar, o CBC e o factor eIF-4E/eIF-4G bloquean o acceso á carapucha dos encimas que eliminan a carapucha (''decapping''). Isto incrementa a [[semivida (medicina)|vida media]] do ARNm, esencial nos eucariotas, xa que o proceso de exportación leva bastante tempo.
 
A eliminación da carapucha dun ARNm está catalizada por un [[complexo encimático|complexo]] formado por polo menos Dcp1 e Dcp2, o cal debe competir con eIF-4E para unirse á carapucha. Así, a carapucha 5' é un marcador dos ARNm en activa tradución e as células utilízano para regular as vidas medias dos ARNm en resposta a novos estímulos. Os ARNm non desexables envíanse aos [[corpo P|corpos P]] para o seu almacenamento temporal ou para a eliminación da carapucha, proceso do que non se coñecen os detalles.<ref name=Parker2007>{{Cita publicación periódica | last1 = Parker | first1 = R. | last2 = Sheth | first2 = U. | year = 2007 | title = P Bodies and the Control of mRNA Translation and Degradation | journal = Molecular Cell | volume = 25 | issue = 5 | pages = 635–646 | doi = 10.1016/j.molcel.2007.02.011 | url = http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S1097276507001116 | format = w | pmid = 17349952}}</ref>
 
O mecanismo da promoción da excisión do [[intrón]] proximal do extremo 5' non se comprende ben, pero a carapucha 5′ parece formar un un bucle arredor do [[espliceosoma]] e interacciónar con el durante o proceso de [[splicing]], o que promovería a excisión do intrón.
191.051

edicións