Paulo de Tarso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Liña 29:
Alí por onde pasaba ían creándose comunidades cristiás entre xentes xeralmente desfavorecidas e incultas reunidas ao redor do anuncio e a celebración da salvación gratuíta ofrecida por Deus a través de Xesús a todos os homes.
 
Aínda que non cuestionou a autoridade imperial, proclamou a Xesús como o auténtico e único ''kirios'' (Señor) do universo, en quen non había acepción de persoas (''nin xudeu nin pagán, ni home nin muller, nin escravo nin libre''), como o unxido (''Christos'') por Deus como Mesías prometido non só para os xudeus senón para todos os pobos da terra. Isto concitoulle incomprensións, aldraxes, persecucións, maltratos, torturas, intentos de asasinato e a prisión en [[Antioquía]] e [[Roma]]. El mesmo deu testemuño dun enfrontamento co mesmo [[Pedro, papa|Pedro]] a quen acusou de contemporizar cos xudaizantes influentes que tentaban impoñer a Lei de Moisés aos cristiáns non israelitas. Cando era levado prisioneiro a Roma, sufriu un naufraxio que lle permitiu anunciar o Evanxeo en [[Malta]].
 
Fiel á súa fe ata o final, foi decapitado por sentenza imperial ao redor do ano [[67]], no contestocontexto da persecución de [[Nerón]]. O suposto lugar da súa sepultura está ocupado dende o século IV pola [[basílica]] de [[San Paulo Extramuros]], unha das sete igrexas de [[peregrinación]] de Roma.
 
== Influencia ==