Cruz monumental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 6:
== Historia ==
[[Ficheiro:Estela funeraria de Araño.jpg|thumb|100px|dereita|Estela gravada en Galicia.]]
Segundo os relatos en parte lendarios<ref>Jacques Briens, ''La Jérusalem byzantine reconstituée'', en Le Monde de la Bible, hors-série trois religions à Jérusalem, 2008, pp. 32-34</ref> que aparecen a partir dos anos [[350]]<ref>[[Cirilo de Xerusalén]], ''Les Catéchèses baptismales et mystagogiques'', col. « Les Pères dans la foi », Migne, París, 1993 : Catequeses 4, 10 ; 9, 19 ; 13, 4)</ref>, uns dez anos despois da more de [[Constantino I o Grande]] converso ao cristianismo en [[337]], é [[Helena de Constantinopla|santa Helena]], a nai do emprerador, quen descubriu a verdadeira [[Vera Cruz|Cruz de Xesús]] no [[Monte Calvario]] (Golgotha) logo dunha [[peregrinación|peregrinaxe]] a [[PalestinePalestina]] en [[326]]. Constantino fixo logo construír a primeira cruz monumental no bico do monte. San [[Xoán Crisóstomo]], declarou que a cruz, logo dos suplicios que nela se sufriron, convertiríase no máis santo dos emblemas de Cristo. Deste xeito a cruz converteuse no sinal do mundo Cristián primeiramente coma cruz triunfal: sen o [[Xesús Cristo|Cristo]] esculpido, xa que podía ofender a sensibilidade dos Cristiáns<ref>Jacques Baudoin, op.cit., p.4</ref>.
 
Son os monxes irlandeses quen, no [[século VII]] son os primeiros en facer da cruz un verdadeiro monumento en forma de [[estela]]s gravadas, con forma de cruz celta (cruz grega cun círculo) a partir do [[século VIII]] e da crucifixión no [[século IX]]<ref>Paul Thoby, ''Le Crucifix des origines au Concile de Trente'', ed. Bellanger, 1959</ref>. Asistimos a unha multiplicación das cruces a partir de [[1095]], data na que o [[Concilio de Clermont]] establece que o [[dereito de asilo]] simbolízase nos cruceiros dos camiños, que Terán un rol duplo: de guía e de protección.