Xenebra (bebida): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m →‎Curiosidades: elimino e paso á gin tonic
Liña 9:
A isto hai que sumarlle os impostos ás bebidas estranxeiras promulgados por [[Guillermo III de Orange]] en [[1688]] e posteriormente pola raíña [[Ana de Gran Bretaña|Ana]] en [[1708]]. Estas medidas mantivéronse até o ano [[1742]] cando se decide equiparar os impostos dado o índice de alcoholismo reinante. Esta medida tomada pola raíña [[María de Inglaterra]], fixo que caese a maior parte da industria quedando só as fábricas máis fortes.
 
== Curiosidades ==
{{Curiosidades}}
Se a orixe da xenebra está na procura dun medicamento, o [[Gin Tonic]] é moi similar.
 
Cando o Imperio Británico estendíase por todo o mundo no século XVIII e especialmente pola India, a malaria neste país estaba a afectar moitísimo á poboación civil e os soldados invasores. Para combatela a Cadbury Schweppes (Famosa compañía hoxe en día polas súas bebidas gasificadas) en 1783 creou un remedio popular, a tónica; esencialmente auga con quinina, que é o elemento basee que elimina a malaria.
 
O problema que xurdiu era que esta bebida era moi amarga e os soldados para equilibrar o sabor mesturábana con xenebra [[Bombai]] que xa se destilaba na cidade do mesmo nome.
 
A tónica actual xa non contén a mesma cantidade de quinina, senón unha pequenísima dose que a fai refrescante soa e excelente co seu mellor acompañante, a xenebra.
 
Actualmente é a fórmula máis estendida no mundo de tomar xenebra.
 
{{Commonscat}}