Igrok: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 30 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q223688
→‎Trama: namorado por *enamorado
Liña 32:
Alexei Ivanóvich é o titor dos nenos dunha familia rusa que vive nunha suite dun hotel da cidade alemá de [[Wiesbaden|Roulettenbourg]]. O patriarca da familia, o Xeneral, está en débeda co francés De Grieux e hipotecou as súas propiedades en [[Rusia]], pero isto só lle acada para pagar unha pequena parte da débeda. Cando descobre que a súa rica e anciá tía está enferma, comeza a mandar [[telegrama]]s a [[Moscova]], agardando con ansiedade a nova do seu falecemento, pois agarda poder pagar coa herdanza as débedas e conseguir a man de Madamoiselle De Cominges.
 
Á súa vez, Alexei está perdidamente enamoradonamorado de Polina, á que fai un xuramento de servidume. Durante un paseo pola montaña de Schlangenberg dille que con pronunciar unha palabra abonda para que el con gusto se tire polo precipicio abaixo. Ela pídelle que vaia ao casino e faga unha aposta por ela. El négase nun principio, pero incitado polo seu propio xuramento de amor eterno e fatal servilismo, finalmente accede e termina por gañar para ela na mesa de ruleta, na súa primeira experiencia cos [[xogos de azar]]. El regresa coas ganancias, pero ela non lle di a razón pola que necesita os cartos. Ri na cara del (ao igual que fixera cando lle profesara o seu amor) e trátao con fría indiferenza e mesmo certa malicia.
 
[[Ficheiro:Wiesbaden Luisenplatz 2005-07-18.JPG|dereita|miniatura|250px|A cidade de Wiesbaden.]]