Hidrófono: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Historia texto traducido desde a wiki .es
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*tosco: rudo, basto, agreste...
Liña 2:
Ao igual que o [[micrófono]], o '''hidrófono''' é un [[transdutor]] acusto-eléctrico que transforma ondas sonoras en sinais eléctricos, isto é, funciona coma un receptor de ondas sonoras, aínda que ás veces serve tamén de [[emisor]], ao xeito dun [[altofalante]]. A diferenza áchase no contorno no que traballa: [[auga]] ou outros [[líquido]]s, de aí o seu nome.
==Historia==
O primeiro [[sonar]] operativo foi construído por [[Reginald Fessenden]] nos Estados Unidos en 1914. Este dispositivo empregaba un [[oscilador]] de cobre electromagnético que emitía un ruído de baixa frecuencia, a continuación conmutaba a un modo de escoita para recibir o eco. Debido a este toscorudo modo de operación non era demasiado preciso na determinación da dirección do branco.
 
O primeiro dispositivo denominado hidrófono foi desenvolvido cando a tecnoloxía madurou e empregáronse ondas ultrasónicas que melloraban a capacidade de detección. Os ultrasonidos xéranse mediante un mosaico de cristais de cuarzo delgados pegados entre eles por láminas de aceiro de forma que se obteñen frecuencias de resonancia por encima de 150 [[Hercio|KHz]].