Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 65:
[[Ficheiro:Vukovar turm.jpg|miniatura|150px|esquerda|Un dos primeiros edificios destruídos foi a ''Torre da auga'' en [[Vukovar]].]]
 
En abril de 1991 os serbios de Croacia iniciaron serios movementos cara á secesión. É materia de debate até que punto este movemento tivo orixe local ou estivo promovido desde [[Belgrado]] polo Goberno serbio encabezado por Milošević. En cualquera caso, autoproclamouse a [[República Serbia de Krajina]], o que foi visto polo Goberno croata como unha rebelión. Usualmente considéraeconsidérase este feito como o comezo da Guerra de Croacia que, por tanto, iniciouse nas zonas do país nas que existía unha substancial porcentaxe de poboación etnicamente serbia.
 
O ministerio croata do Interior comezou, en consecuencia, a armar ás cada vez máis numerosas forzas especiais de policía, convertendo a estas, de facto, nun auténtico exército. o 9 de abril de 1991, o Presidente croata [[Franjo Tudjman]] ordeouordenou rebautizar a estes corpos como ''Zbor Narodne Garde'' ("Garda Popular"), determinando así a creación dun exército separado para Croacia.
 
Mentres tanto, o exército federal iugoslavo (JNA) e as forzas locais da Defensa Territorial permaneceron baixo o mando do Goberno federal liderado por Milošević. Cando chegou o caso, o JNA posicionouse canda ás forzas serbo-croatas locais, intervindo contra as unidades de policía croatas.
 
O 19 de maio de 1991, as autoridades croatas celebraron un referéndumreferendo de autodeterminación, ofrecendo entre as opcións o permanecer en Iugoslavia cunha unión menos estreita (de tipo confederal). As autoridades serbias locais fixeron un chamamento a favor do boicot da consulta, que foi seguido amplamente poospolos serbocroatas, co que o voto a favor da independencia alcanzou o 94,17 %.
 
Croacia declarouse independente e ''"razdruženje"'' (desmembrada) de Iugoslavia o [[25 de xuño]] de [[1991]], aínda que a [[UE|Comisión Europea]] aconsellou ás autoridades croatas que aprazaran a decisión. Croacia acordou entón conxelar a súa independencia por tres meses, axudando así a calmar un pouco as tensións.