Emmanuel Levinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
== Pensamento ==
 
Para Levinas todo se pode trocar entre os seres agás o existir. Son totalmente só. A [[ontoloxía]] occidental baseouse na reflexión sobre o ser, sobre a busca da verdade e o coñecemento. Levinas entende que isto leva ao solipsismo [[Descartes|cartesiano]], ao coñecemento non como recoñecemento senón como dominación. O substrato da realidade é o impersoal ''hai'', o ser sen [[ente]] o existir sen existente. Pero existe unha eclosión onde o Outro presentáseme, interpélame, e chámame a responsabilizarme del. Son en tanto que existe o outro, se ninguén me nomea desaparezo, desintégrome. O outro é dalgún xeito anterior ao meu existir, existo trascendendo, o Outro se me presenta como o absoluto inabranguible como o infinito. Levinas reivindica fronte a ontoloxía grega, a ética que ha de ocupar o primeiro posto na filosofía. Unha ética inspirada non tanto no legado grego como no legado xudeu: A Biblia e o [[Talmud]]. Unha filosofía centrada non no [[ego]] senonsenón na alteridade. Unha filosofía centrada no emprirismo, na verificación, non alcanza a experiencia absoluta que non é desvelamento senón revelación. Son en canto que saio de min, como Abrahán que saíu de [[Ur]], Moisés que sacou a [[Israel]] de [[Exipto]] ou os [[profeta]]s. Por iso a face, o rostro, a aparición indefensa do outro-aí, o cara a cara é o elemento básico de toda relación auténtica, e o rostro me di ''non matarás'' e me obriga a responsabilizarme a ocuparme de quen me deita a súa ollada desvalida, como o pobre, o orfo, o estranxeiro ou a viúva na ética do [[Antigo Testamento]]. A responsabilidade non é facerme cargo da miña propia existencia como afirmaba [[Heidegger]], senón facerme cargo da indixencia allea. Non só o esquema mente-obxecto como en [[Atenas]] senón tamén a relación eu-outro como en [[Xerusalén]]. Fronte ao retorno á patria de [[Ulises]] a revolución do suxeito desarraigado [[Abraham]].
 
== Obras ==