Isabel Bowes-Lyon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 35:
 
== Traxectoria ==
Isabel naceu no seno dunha familia da [[nobreza]]&nbsp;[[Escocia|escocesa]] composta por [[Claude Bowes-Lyon]] e [[Cecilia Cavendish-Bentinck]]. En [[1923]] Isabel casou co [[Xurxo VI do Reino Unido|duque de York]], segundo fillo do rei [[Xurxo V do Reino Unido|Xurxo V]] e a raíña [[María de Teck]]. Como duquesa de York, xunto ao seu marido e as súas fillas [[Isabel II do Reino Unido|Isabel]] e [[Margarida do Reino Unido|Margarida]], personificou a idea tradicional de familia e servizo público.<ref>{{cita libro| apelidos = Roberts| nome = Andrew | enlaceautor = | coautores = | editor = [[Antonia Fraser]] | outros = | título = The House of Windsor | edición = | fecha = | ano = 2000 | mes = | editorial = Cassell and Co | lugar = Londres| isbn = 0-304-35406-6| páxinas = 58-59| capítulo = | urlcapítulo = | cita =}}</ref> Asumiu diversos compromisos públicos e chegou a ser coñecida como a «duquesa sonriente» debido a súa constante expresión.<ref>{{cita libroaudiovisual|autor=British Screen News|título=Our Smiling Duchess|editorial=British Screen Productions|lugar=Londres|formato=film |ano=1930}}</ref>
 
No ano [[1936]], o seu marido converteuse inesperadamente en Rei, cando o seu irmán [[Eduardo VIII do Reino Unido|Eduardo VIII]] abdicou para poder casarse con [[Wallis Simpson]], unha divorciada [[Estados Unidos de América|estadounidense]]. Xa como raíña consorte, Isabel acompañou ao seu marido nas xiras diplomáticas por [[Francia]] e [[Estados Unidos]] no período previo á [[Segunda Guerra Mundial]]. Durante o conflito, o seu espírito aparentemente indomable proporcionou apoio ao pobo británico. En recoñecemento ao seu papel como instrumento de propaganda, [[Adolf Hitler]] describiuna como «a muller máis perigosa de [[Europa]]».<ref name="rml">{{Obra citada|enlaceautor=Richard M. Langworth|nombre=Richard M.|apellido=Langworth|url=http://www.winstonchurchill.org/support/the-churchill-centre/publications/finest-hour/issues-109-to-144/no-114/632--hm-queen-elizabeth-the-queen-mother-1900-2002|fecha=primavera 2002|title=HM Queen Elizabeth The Queen Mother 1900–2002|editorial=The Churchill Centre|dataacceso=6 de febreiro de 2011}}.</ref> Ao finalizar a guerra a saúde do seu marido deteriorouse e finou en [[1952]], quedando viúva á idade de 51 anos.