Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:Élan Béarnais Pau-Orthez)
Liña 33:
Sendo o club dunha pequena vila de 12.000 habitantes ao pé dos [[Pireneos]], o feito de se converter nunha potencia do baloncesto europeo obrigou ao club a trasladarse a unha cidade máis grande. En 1989 o club muda o seu nome a Élan Béarnais Pau-Orthez, e 1991, tras a construción do Palais des Sports, trasládase a [[Pau]]. Este movimiento foi posíbel principalmente grazas aos esforzos de dous hombres: Pierre Seillant, cargo electo de Orthez e presidente durante moitos anos do club, e André Labarrère, o daquela alcalde de Pau. Os dous homes estaban onfrontados no ámbito político, mais grazas á súa colaboración foi construído o Palais, que aínda hoxe o pavillón exclusivamente adicado ao baloncesto máis grande do país, e evitouse que o club abandonase a rexión de [[Béarn]].
 
Co traslado completo, o club continuou a consolidar o seu status como forza dominante do baloncesto francés, gañando sete campionatos de liga nos seguintes trece anos. Actualmente, o club posúe un total nove títulos de liga, o que fai do Élan Béarnais o terceiro equipo do baloncesto profesional masculino francés con máis títulos de liga, tan só detrás do [[ASVEL Lyon-Villeurbanne]] e do [[Limoges CSP]]. O dous últimos destes nove trofeos chagan de forma consecutiva en 2003 e 2004, data que marca o fin da era dourada do club. A temporada 2003 é lembrada como unha das máis espectaculares do club, onde grazas ás habilidades de dous talentos da canteira, [[Boris Diaw]] e [[Mickaël Pietrus]], gañan os tres títulos máis importantes do país: a Liga, a Copa e a Supercopa. A destacábel campaña de Diaw fíxolle merecedor do premio [[MVP]] da Liga para xogadores franceses. Ademais, despois da temporada, tanto Pietrus como el foron seleccionados na primeira rolda do [[Draft da NBA]] de 2003.
No [[2008]], con [[Didier Gadou]] e [[Claude Bergeaud]] á súa cabeza, o club converteuse no '''Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez''' reforzando a identidade bearnesa. Incluíndo á cidade de [[Lacq]], localizada ao lado de [[Pau]].
 
Posteriotrmente, debido á marcha dos seus xogadores, a inestabilidade no posto de adestrador, así como problemas económicos, os éxitos do equipo estancáronse. De feito, en 2009 o club chega a descender de categoría tras finalizar no último posto da liga. A súa estadía na [[LNB Pro B|Segunda División]], é aproveitada para reestructurar o club e fortalecelo, voltando á Pro A en 2010. Un ano antes do descenso, en 2008, con Didier Gadou e Claude Bergeaud á cabeza, o club leva a cabo a súa terceira mudanza de nome, converténdose no Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez. A entrada do nome da cidade de [[Lacq]], situada cerca de Pau, serviu para reforzar a identidade rexional do club.
 
==Palmarés==