Antonino Pío: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Antoninus Pius (bust).jpg|dereita|miniatura|Busto de Antonino Pío no [[Museo Británico]], [[Londres]]]]
 
'''Antonino PioPío''' ([[138]]-[[161]]) foi un [[emperador romano]], pertencente á dinastia dos [[cinco bos emperadores]]. Sucedeu a [[Adriano]], que o adoptara como fillo.
 
== Traxectoria ==
Con Antonino Pío, itálico de ascendencia gala, a ''[[Pax Romana]]'' e a estabilidade politicapolítica chegaron ao seu cumio. Antonino contaba maismáis de 50 anos cando accedeu á maxistratura suprema e tiña unha ampla experiencia tras unha vida dedicada ao servizo do Estado, ao longo da cal fora [[cuestor]], [[pretor]], [[Cónsul romano|cónsul]] e [[gobernador]] en [[Italia]] e [[Asia]]. Como membro do ''Consilium principis'' estivera aoa carón de Adriano.
 
Dentro das fronteiras do Imperio reinou a paz, pero non asiasí nas fronteiras mesmas. Nun primeiro momento houbo de asulagar unha rebelión das tribos mauritanas, asás que puido rexeitar paracara o [[Cordal do Atlas|Atlas]], e despois foifoille preciso de acudir a [[Britania]], para conter a invasión dos brigantes, unha tribo que xa causara moitas perdas aos romanos. Esta tribo, orixinariamente establecida entre os ríos Forth e Humbert, rachou despois da súa derrota, e unha rama emigrou para a [[Irlanda]]. Antonino decidiu entón de facer outra muralla ao xeito de [[Adriano]] (142), pero un pouco maismáis ao norte, dende o [[Firth of Forth]] a [[Firth of Clyde]], na liña das actuais cidades de [[Edimburgo]] e [[Glasgow]].
 
No ámbito interno, Antonino non foi un reformador nin se distinguiu por ser un construtor de monumentos e obras públicas. As institucións seguiron un funcionamento normal, tras as medidas tomadas polos emperadores precedentes. As iniciativas centráronse en procurar benestar para os romanos e as xentes do Imperio mediante donativos, fundacións benéficas, axudas con motivo de sinistros, acollida para os orfos/as, pobres etc... A sorte dos escravos mellorou dentro do que o sistema daba de si, humanizándose as súas condicións de vida.
 
Antonino foi tamén un bon administrador, protector da agricultura e demais actividades produtivas, tolerante en materia relixiosa se os cultos foráneos non implicaban subversión da orde establecida.