Cometa Halley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Características ==
[[Ficheiro:Tapestry of bayeux10.jpg|miniatura|150px|Representación do 1P/Halley na esceaescena XXXII do Tapiz de Bayeux. A inscrición en [[latín]] di ''Isti mirant stella'']]
Orbita en torno do [[Sol]] na dirección oposta á dos planetas e ten unha distancia de [[perihelio]] de 0,59 [[unidade astronómica|unidades astronómicas]]; no [[afelio]], a súa órbita esténdese alén da órbita de [[Neptuno (planeta)|Neptuno]] sen pasar da órbita de [[Plutón]], chegará ao afelio no ano 2024. Foi o primeiro cometa en ser recoñecido como periódico, calculocálculo feito por [[Edmund Halley]] en [[1696]], co que demostrou que os cometas eran corpos que tiñan [[órbita]]s pechadas moi [[excéntrica]]s . O cometa foi rexistrado por primeira vez en 240 a. C. e mostrouse visíbel a ollo nu en todas as súas 30 aparicións rexistradas. Na Gallaecia do século V d.C rexistrou a súa visita [[Hidacio]] de Chaves, os días 18 e 29 de xuño do ano 451 d.C.
Nos anos 374, 607, 837 e [[1066]], presentaba un brillo maior que a máis brillante das estrelas do [[hemisferio norte]]. A aparición de 1066 ficou rexistrada nas tapizarías de [[Bayeux]].
O brillo do cometa, cando está no perihelio, ten sido interpretado como unha indicación de que este perde aproximadamente 3x1011 kg de [[gas]] e poeira en cada aparición; este valor representa cerca de 0,1% da súa masa total. As partículas de poeira maiores compoñen un grupo de meteoros que é atraído pola [[Terra]] dúas veces por ano. Isto ten como consecuencia as chuvias de meteoros [[Eta Aquáridas]], no final de abril, e [[Oriónidas]], no final de outubro. A masa deste fluxo de meteoros indica que o cometa está na media idade: foi capturado polo campo gravitacional de [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]], que o obrigou a describir a órbita actual hai máis ou menos 200.000 anos atrás, nunha época en que o seu núcleo tiña aproximadamente 19 km de diámetro. Este núcleo agora ten máis ou menos 11 km de diámetro e dentro de 300.000 anos terá desaparecido completamente. O éxito da predición de Edmond Halley do retorno do seu cometa en [[1759]] foi considerado como unha proba sensacional da lei da gravitación de [[Newton]]. Na reaparición de [[1986]], a humanidade tiña xa 29 anos de era espacial e unha frota de naves espaciais, inclusive a sonda [[Giotto (nave espacial)|Giotto]], foi enviada para observalo. Está previsto o seu retorno en [[2061]], tras un periplo de 76 anos.