Judo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
"Máis ou menos": Locución adverbial. Aproximadamente, cerca de. Exemplo: Faltan dez minutos máis ou menos para o comezo da función.
Liña 67:
 
=== Entrada nas escolas ===
En [[1897]], Jigoro Kano foi nomeado director da Escola de Formación Avanzada de Profesores, onde formaba os futuros educadores do Xapón, e nesa tarefa esforzouse en proporcionar unha educación de máis alta calidade, invitando regularmente a instrutores superiores de judo, [[kendo]] e [[natación]] á escola como medio de mellorar a educación física. Con esa idea, tamén fixo unaunha petición ao Ministerio de Educación para estender o período educativo do profesorado de 3 a 4 anos.<ref name="ref3">{{Cita web|lingua=portugués|editor=Federação Portuguesa de Judo|url=http://www.fpj.pt/o-judo/a-vida-de-jigoro-kano|título=A vida de Jigoro Kano|dataacceso=13 de marzo de 2014}}</ref>
 
Traballando como educador, o mestre Kano foi un promotor incansable da educación física para os alumnos, pois cría na idea de que as forzas tanto físicas coma mentais son compoñentes importantes na formación da persoa, do que el mesmo daba o exemplo. Co obxectivo de aumentar a forza física, mellorar o carácter, e contribuír ao desenvolvemento da súa arte marcial, Jigoro adestrara a moitos da maneira do Kodokan. Tamén estudou o tema incesantemente, ao punto de realizar sesións de adestramento de loita contra 30 judokas. Como os alumnos que estudaran con eran activos en diversas partes do país, o judo pasou a ser reputado como unha forma excelente de promover e axudar na educación das persoas, sendo adoptado por moitas escolas.