Marco Polo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Nerk (conversa | contribucións)
engadidos lugar e data de nacemento e algunhas correccións
Liña 13:
|cónxuxe = Donata Badoer
}}
'''Marco Polo''', nado en [[Venecia]] c. 15 de setembro de [[1254]] e finado tamén en Venecia o [[9 de xaneiro]] de [[1324]]<ref>Bergreen, Laurence (2007), ''Marco Polo: From Venice to Xanadu'', Londres: Quercus</ref>, foi un viaxante veneciano do final da [[Idade Media]]. Xuntamente co seu pai, Nicolau Polo, e o seu tío, Maffeo, foi dos primeiros occidentais en percorrer a [[Ruta da Seda]]. O seu relato detallado das súas viaxes polo oriente, incluíndo a [[China]], foron durante moito tempo unhas das poucas fontes de información sobre a Asia no occidente.
 
== Traxectoria ==
=== A primeira viaxe ===
Os mercadores de Venecia, coñecidos comerciantes e viaxeiros, viaxaron moito en busca de mercadorías e clientes, mais poucos chegaron tan lonxe comocoma os Polo. Na familia Polo houbo outros exploradores ademais de Marco. O seu pai Nicolau (ou ''Nicolò'', en veneciano) e o seu tío Mateo (ou ''Maffio'') eran prósperos mercadores dedicados ao comercio con Oriente. Ambos partiron cara a [[Asia]] en [[1255]] e alcanzaron a China en [[1266]], chegando a [[Khanbaliq]] cerca de [[Pequín]]. Volveron da China como enviados do [[Kublai Khan]] cunha carta para o [[Papa]] na que pedía que enviase a xente ilustrada que ensinase no seu imperio, para informar os [[mongois]] sobre a súa forma de vida.
 
Existe unha tradición que di que a familia Polo procedía da illa de [[Curzola]] no [[Mar Adriático]] (actualmente [[Korcˇula]], parte de [[Croacia]]). Non é seguro, pois existen probas reais a favor e en contra desta afirmación, sen rexistros definitivos que permitan discernir a verdade. A cidade de Korcˇula segue conservando unha vella casa da que se di que é onde naceu Marco. Sexa ou non verdade, os Polo gañaron preeminencia en Venecia e son historicamente considerados venecianos.
 
=== A segunda viaxe ===
Mateo e Nicolau Polo partiron nunha segunda viaxe, coa resposta do Papa a [[Khublai Khan]], en [[1271]]. Esta vez Nicolau levou a Marco, quen axiña gañou a confianza de Khublai Khan, facéndooquen o fixo o seu conselleiro. Pouco despois Marco pasou a ser o emisario do Khan. Nos seus dezasete anos de servizo ao [[Khan]], Marco Polo chegou a coñecer as vastas rexións da [[China]] e os numerosos logros da civilización chinesa, moitos dos cales eran máis avanzados que oscós contemporáneos europeos.
 
=== ''Il Milione'' ===
[[Ficheiro:Marco Polo traveling.JPG|miniatura|dereita|200px|Miniatura da obra]]
Ao seu regreso da China en [[1295]], a familia estableceuse en [[Venecia]], onde se converteu nunha sensación e atraeronatraeu multitudes de oíntes, que a duras penas crían as súas historias sobre a afastada China.
 
O seu impaciente carácter levou a Marco Polo a tomar parte na batalla naval de Curzola/Korčula entre [[Xénova]] e Venecia en [[1298]]. Foi capturado e pasou os poucos meses do seu cativerio ditando un detallado relato das súas viaxes polas descoñecidas rexións orientais. O seu libro, ''Il Milione'' ("O Millónmillón", coñecido en [[Lingua galega|galego]] como ''[[As viaxes de Marco Polo]]'') foi escrito en [[provenzal]] e traducido axiña a moitas linguas europeas. O orixinal perdeuse e consérvanse varias versións, con frecuencia contraditorias, das traducións. O libro converteuse de inmediato nun éxito. As historias do libro foron consideradas fantasiosas polos seus contemporáneos.
 
== A veracidade da viaxe ==
Liña 34:
No seu leito de morte, a súa familia pediulle a Marco que confesase o que había de mentiras nas súas historias. Marco negouse, insistindo, ''«Só contei a metade do que vin!»''.
 
Mentres a maioría dos historiadores cren que Marco Polo efectivamente chegou á [[China]], recentemente algúns propoñen que non chegou tan lonxe, e que simplemente contou a información que lles ouvía a outros. Estes escépticos sinalan que, entre outras omisións, o seu relato falla ao non mencionar a [[escritura chinesa]], os [[palillos chineses|palillos]], o [[té]], a [[vendaxe de pés]] nin a [[GrandeGran Muralla Chinesa|GrandeGran Muralla]]. Ademais, os arquivos chineses da época non o mencionan, a pesar de que afirmaba ter servido como emisario especial dode [[Kublai Khan]], o que resulta insólito, dado o coidado co que se levaban os arquivos na China naquel tempo.
 
Por outra parte, Marco describe outros aspectos da vida no Afastado Oriente con moito detalle: o [[papel moeda]], o [[Gran Canal da China|Gran Canal]], a estrutura do exército [[Mongolia|mongol]], os [[tigre]]s e o sistema postal imperial. Tamén se refire a Xapón polo seu nome chinés, ''Zipang'' ou [[Cipango]]. Isto está considerado normalmente a primeira mención do [[Xapón]] na literatura occidental.
 
== Impacto histórico ==
Aínda que os Polo non foron os primeiros europeos en chegar a China por terra, graciasgrazas ao libro de Marco a súa viaxe foi a primeira en coñecerseser coñecida amplamente e a mellor documentada ata entón
 
A lenda conta que Marco Polo introduciu en Italia algúns produtos de China, entre elos os [[xeado]]s, laa [[piñata]] e a [[pasta]], especialmente os [[espaguete]]s. Porén, esta lenda está moi cuestionada. Por exemplo, hai probas de que a pasta xa se coñecía en [[Grecia]] e Italia dende a antigüidade.
 
O libro escrito por Marco Polo, a pesar de que moitas das súas aseveracións, se puxeron en dúbida naquela época, inspirou a moitos viaxeiros e exploradores.
 
== Notas ==