Audrey Hepburn: Diferenzas entre revisións

m
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: SUI; cambios estética
Liña 72:
O país foi liberado polas forzas aliadas e a [[Administración das Nacións Unidas para o Auxilio e a Rehabilitación]] interveu no mesmo. Hepburn dixo nunha entrevista que se comeu un paquete enteiro de [[leite condensada]] e que se puxo enferma polo exceso de [[azucre]]. Estas experiencias contribuíron a que Audrey estivese sempre á beira de [[UNICEF]] durante o resto da súa vida.
=== Formación como bailarina ===
En [[1945]], ao finalizar a guerra, Audrey abandonou o conservatorio de Arnhem e mudouse a [[Ámsterdan]] onde tomou clases de ballet con Sonia Gaskell. En [[1948]] foise a [[Londres]] e seguiu estudando ballet, esta vez de man da recoñecida [[Marie Rambert]], profesora de [[Vaslav Nijinsky]], un dos maiores bailarins da historia da danza. De cando en vez Hepburn preguntáballe a Rambert sobre o seu futuro, ao que ela respondíalle que podería seguir alí e ter unha gran carreira, pero o feito de que fose relativamente alta (1,67 m), sumado á súa delgadez por mor da malnutrición durante a ocupación alemá non lle permitiría ter un bo futuro como primeira bailarina. Pero Audrey quería sobresaír, así que confiou na súa mentora e intentou a actuación.<ref>[http://transcripts.cnn.com/TRANSCRIPTS/0312/24/lkl.00.html Audrey Hepburn's Son Remembers Her Life] {{en}}</ref> Ademais, a situación económica da familia Hepburn non lle permitiría continuar cos seus estudos, e Audrey, necesitada de diñeiro, reformulouse o empezar a actuar, xa que esta profesión estaba mellor paga que a de bailarina. Rambert dixo despois sobre Audrey: «Era unha estudante marabillosa; sise seguise, podería haberse convertido nunha bailarina excepcional». A fame da guerra sumouse a disciplina da danza, que a volveu case anoréxica: nas súas Memorias [[José Luis de Vilallonga]] afirma que os seus xantares non pasaban dun á de polo e unha folla de leituga.{{cómpre referencia}}
=== Primeiros anos de actriz ===
A súa carreira como actriz comezaría co filme educativo ''Holandés en sete leccións''. Despois actuou en producións musicais como ''High Button Shoes'' e ''Sauce Piquante''. O seu primeiro papel nunha película foi no filme inglés ''One Wild Oat'' no cal actuaba como recepcionista dun hotel. Tamén actuou en papeis máis pequenos como ''Young Wives' Talle'', ''Laughter in Paradise'', ''The Lavender Hill Mob'', e '' Monte Carlo Baby''. Durante o rodaxe de ''Monte Carlo Baby'' foi elixida para protagonizar o musical de Broadway ''Gigi'', estreado o [[24 de novembro]] de 1951. A reportera Sidonie-Gabrielle Colette dixo sobre Audrey: «''¡Voilà!'', ¡esta é a nosa Gigi!». Audrey gañou o ''Theatre World Award'' polo seu debut. Seguiu actuando neste musical durante os seis exitosos meses seguintes.
Liña 79:
=== Roman Holiday (''Vacacións en Roma'') ===
[[Ficheiro:Audrey Hepburn Roman Holiday cropped.jpg|miniatura|esquerda|Hepburn en ''[[Roman Holiday]]'', 1953.]]
Nun primeiro momento os productores querían a [[Elizabeth Taylor]] para o papel protagonista, pero o director William Wyler quedou impresionado pola proba de cámara de Audrey, na cal deixouse a cámara queda e empezáronselle a realizar unha serie de preguntas a Audrey, que non sabía que a cámara estaba gravando. As súas respostas e sinceridade demostraron o seu enorme talento e Wyler non dubidou en contratala. Wyler dixo: «''Ten todas as cousas que busco: encanto, inocencia e talento. Ademais é moi divertida. É absolutamente encantadora. Non dubidamos en dicir que é a nosa moza''». O seu compañeiro de repartición, Gregory Peck, xa era unha estrela consagrada e no póster da película o seu nome tiña máis importancia que o «''presentando a Audrey Hepburn''». Cando acabou o rodaxe, Peck chamou ao seu axente e fixo que lle desen a mesma importancia aos dous nomes. Peck predixo que ela gañaría o Óscar. Ambos, Hepburn e Peck, conectaron durante o rodaxe, ata houbo rumores de que tiveron unha relación amorosa, rumores desmentidos por ambos. Con todo, Audrey engadiu: «''En realidade, sentes algo de amor pola túa parella na película. SiSe vas interpretar un romance, tes que sentilo. Non o podes facer doutro xeito. Pero non o leves máis aló do plató''». Debido ao gran éxito de ''[[Roman Holiday]]'', Audrey foi portada da revista ''[[Time]]'' o [[7 de setembro]] de [[1953]].
 
A súa interpretación recibiu as alabanzas dos críticos. «''Aínda que non é precisamente unha recentemente chegada ao mundo da interpretación, Audrey Hepburn, a actriz británica que se mete na pel da princesa Anne, está espléndida, bellísima, alternando as súas escenas da realeza e as máis infantís durante a súa procura de praceres básicos e do amor. Aínda que sorrí ao final da película, ela segue sendo unha persoa lamentablemente soa que fai fronte a un futuro difícil''».<ref>A.H. Weiler, ''[[New York Times]]'', [[28 de agosto]] de 1953.</ref> Audrey referiuse no futuro a ''Roman Holiday'' como a súa película máis querida, xa que foi a que a fixo unha estrela.
115.458

edicións