Diferenzas entre revisións de «George Harrison»

m
 
Finalmente, o grupo volve a Liverpool e volve actuar no Cavern durante o outono. Nesta época coñecen a [[Brian Epstein]], quen en decembro se converte no seu representante.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Daniel Ichbiah|2009|p=21}}</ref>.
O 6 de xuño de 1962, o grupo arránxase para obter unha audiencia ante o productor [[George Martin]] quen lles asinou un contrato co selo [[Parlophone]], de [[EMI|EMI Records]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Daniel Ichbiah|2009|p=23}}</ref>. Ese día, cando Martin lles pasa os contratos pregúntalles sise hai algo que non encaixe, Harrison inmediatamente responde: "Ben, para empezar, non me gusta a túa gravata"<ref group="a">{{Cita Harvard sen parénteses|Bill Harry|2003|p=1}}</ref>
 
Martin é seducido polo grupo, pero non lle gusta Pete Best, quen en realidade non atopaba o seu lugar entre os outros membros, que xa estaban planeando cambiar a batería. George, en particular, quen coñecia moito a [[Ringo Starr]], fai campaña para que se una ao grupo como batería. The Beatles sepáranse pois de Best sen anunciarlle a súa saída, e é Brian Epstein quen se encarga diso o 16 de agosto de 1962. ''«Non fomos moi brillantes neste caso»'' anotou George Harrison. Nos seguintes días, os afeccionados quéixanse deste cambio, e no Cavern Club, un espectador ponlle un ollo morado a Harrison porque defendeu ao novo membro do grupo.<ref group="a">{{Cita Harvard sen parénteses|Bill Harry|2003|p=54}}</ref>
 
E os Beatles o [[5 de outubro]] de [[1962]] gravaron o seu primeiro sinxelo, ''[[Love Me Do]]'', seguido a principios de 1963 do seu primeiro álbum ''[[Please Please Me]]'', que alcanzou o cume das listas británicas. Para Harrison asiasí como para o resto do grupo os éxitos comenzan a emerxer e os concertos acumulanse.<ref name="Plassat p12">{{Cita Harvard sen parénteses|François Plassat|2011|p=12}}</ref>
 
Harrison foi o primeiro dos Beatles en viaxar aos Estados Unidos co fin de visitar á súa irmá, Louise, en Benton ([[Illinois]]), en setembro de [[1963]], cinco meses antes da aparición do grupo en ''[[The Ed Sullivan Show]]''.<ref name="lewisohn-chron-122">{{cita libro|nome=Mark|apelidos=Lewisohn|título=The Complete Beatles Chronicle|ano=1992|páxinas=122}}</ref> Durante a visita, George visitou unha tenda de discos e comprou varios singles sen que o dono o recoñecese debido ao escaso coñecemento que tiñan os estadounidenses da [[música pop]] británica; ninguén puido venderlle un disco dos Beatles. Ao seu regreso a [[Inglaterra]], comentou aos seus compañeiros de grupo que sería difícil colleitar o éxito en América.
102.495

edicións