Castelo de Doiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
O '''castelo de Doiras''', tamén coñecido como '''Castelo da Ferrería''', é unha fortificación [[Idade Media|medieval]]. Sitúase no alto dun risco á beira do [[río Cancelada]], no lugar de [[Doiras, Vilarello, Cervantes|Doiras]], na parroquia de [[Vilarello, Cervantes|Vilarello]], do concello [[provincia de Lugo|lugués]] de [[Cervantes]], preto da Ferrería de Fonquente.
 
== Historia ==
O castelo construíuse no [[século XV]] co obxectivo de defender a entrada en [[Galicia|Galiza]] do [[Camiño de Santiago]] e foi fundado por Paio Guindós. Foi propiedade do conde [[Grajal de Campos]], señor de Cervantes, título que posuíu até [[1909]] o Duque de Sexto.
 
== Descrición ==
Está situado a 700 metros de [[altitude]] dominando o [[río Cervantes]], na desembocadura do [[río Doiras|Doiras]], e é posiblemente o monumento máis coñecido e característico da [[serra dos Ancares]]. Estrutúrase nun polígono rectangular de 25 por 21 metros de ancho elaborado con muros de metro e medio de espesor e oito metros de altura. O altor é desigual, debido ós desniveis do terreo. A torre da homenaxe acada os 14 metros de altura, e ten planta rectangular (10 metros por 8) con muros de 2 metros de espesor.
Segundo [[Ángel del Castillo]] semella obra da segunda metade do [[século XV]]. Está construído en [[cachotaría]] de [[lousa]]. Buracos e xanelas distribuídas polas paredes. Interior con salóns e apousentos con pinturas ao fresco moi deterioradas. Todo forma conxunto coa igrexa, denantes capela familiar, e o grupo de casas do núcleo urbano.
 
A porta da entrada é de madeira e ten uns catro metros de altura, dende a cal se accede ao patio de armas. Unha porta cun [[arco (arquitectura)|arco de medio punto]] permite o acceso ao patio de honra. A [[torre da homenaxe]] levántase cunha altura de 16 metros.
 
== Estado de conservación ==
Liña 15 ⟶ 18:
 
== Lendas ==
Hai moito tempo, no castelo de Doiras, habitaba un cabaleiro de nome Froiaz, con dous fillos: Egas e Aldara. Conta a lenda que deste castelo desapareceu a princesa máis nova, a fermosa Aldara. Os seus familiares buscárona, mais non a atoparon, ao final un [[besteiro]] trouxo novas dicindo que viuna dirixirse a media mañá cara ao regato próximo. Temendo unha desgraza, pai, irmán, criados e pensaronescudeiros, percorreron as beiras do río sen atopala. Entón mandaron un mensaxeiro ao prometido de Aldara que morrerase presentou desconsolado, acompañado das súas xentes e, así todos, emprenderon a busca por montes e bosques, chozas e casarías... despois dalgúns días de procuras infrutuosas, consideraron definitiva a perda de Aldara, imaxinándolla malferida por algún xabaril, algún oso ou devorada polos lobos... Co paso do tempo, uno irmán da princesa, Egas, tentando cazar unha [[pita do monte|pita]] no monte de Galo Monteiro, viu pasar diante del unha [[cervo|cerva]] branca á que deu morte dun frechazo. Como non podía coa peza cortoulle unha das patas e levouna consigo. Cando chegou e descubriu o que levaba apareceu unha man fina, branca, suave; unha man de doncela, e nun dous seus dedos o anel de Aldara. No lugar onde deixara a peza atoparon o corpo da princesa desaparecida. que estaba tendida no chan, cun vestido branco e unha mancha vermella xusto sobre o corazón onde saía unha frecha, e a quen lle faltaba unha man
 
Por moito que pescudaron pai e irmán, xamais se soubo nin quen, nin a razón pola que Aldara fora convertida cerva..
 
== Galería de imaxes ==