Gran Premio de Detroit de 1982: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m "Localizar" en lugar de "ubicar"
m Bot: Cambio o modelo: SUIb; cambios estética
Liña 38:
 
O '''Gran Premio de Detroit de 1982''' foi unha carreira de [[Fórmula Un]] celebrada o 6 de xuño de 1982 en [[Detroit, Michigan]]. Partindo da decimosétima posición na grella, o piloto de Irlanda do Norte [[John Watson (piloto) | John Watson]] gañou o primeiro '''Gran Premio de Detroit''', na sexta localización diferente da Fórmula Un nos Estados Unidos.
 
== Resumo da carreira ==
Liña 44:
Debido a problemas de organización, a práctica prevista para o xoves foi cancelada, e a primeira sesión de cualificación do venres tivo que ser posposta. Só houbo tempo para unha sesión de práctica unha hora o venres, así que a cualificación levouse a cabo o sábado en dúas sesións dunha hora, con catro horas de diferenza. O sábado foi frío e nubrado coa moi real ameaza de choiva, e case todos os pilotos apresuráronse para conseguir un momento na pista seca, mentres podían, cunha chea de voltas e pases polos camiños de escape do descoñecido circuíto. A sesión da tarde foi sobre mollado, como se esperaba, e os tempos da sesión da mañá, efectivamente, determinaron a grella.
 
[[Alain Prost]] logrou a sexta pole de [[Renault F1 | Renault]] das sete carreiras da tempada, cunha volta de 1:48.537, unha media de menos de 134 quilómetros por hora, máis lento que [[Gran Premio de Mónaco | Mónaco]]. [[Andrea de Cesaris]], o único piloto que logrou unha pole sen ser de Renault no que ía de 1982 ( [[Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1982 | Long Beach]]), puxo o seu [[Alfa Romeo F1 | Alfa Romeo ]] xunto a Prost na primeira fila con 1:48.872, por diante do [[WilliamsF1 | Williams]] de [[Keke Rosberg]]. Por segunda carreira consecutiva, [[Scuderia Ferrari | Ferrari]] só participaba cun coche logo da morte de [[Gilles Villeneuve]] en [[Gran Premio de Bélxica de 1982 | Bélxica]] catro semanas antes, e [[Didier Pironi]] clasificou en cuarto lugar.
 
O único piloto estadounidense na carreira, [[Eddie Cheever]], puxo o espectáculo para a afección local, colocando o seu [[Equipe Ligier | Ligier]] noveno, detrás dos [[Team Lotus | Lotus]] de [[Nigel Mansell]] e [[Elio de Angelis]] e xusto por diante de [[Niki Lauda]] no [[McLaren]]. Pero a maior sorpresa, era ver ao actual campión do mundo [[Nelson Piquet]] na parte inferior da táboa de tempos. Os problemas cos motores [[BMW | BMW]] en ambos coches, cos repostos durante a sesión da mañá e coa choiva na tarde combináronse para deixalo fóra da grella para a carreira do domingo.
 
A diferenza da tarde do sábado, o domingo foi asollado e moi agradábel. Os tres primeiros pilotos fixeron un excelente comezo, e Prost liderou por diante de de Cesaris e Rosberg na primeira volta. Tras eles ao final da primeira volta estaban Pironi, Mansell, [[Bruno Giacomelli]], Cheever e Lauda. [[Manfred Winkelhock]] retirouse sendo quinto. Só dúas voltas máis tarde, na volta tres, de Cesaris entrou ranqueando en boxes cun eixe de transmisión roto, deixando a Rosberg en segundo lugar, a tres segundos por detrás de Prost.
 
<blockquote>
''Na volta sete, baixo a presión de de Angelis, [[Roberto Guerrero]] no [[Ensign F1 | Ensign]] saíuse na primeira curva. De Angelis tratou de pasar polo interior, pero cando Guerrero volveu á trazada, os dous chocaron. O Lotus puido continuar, pero Guerrero estrelouse contra o muro de pneumáticos. [[Jochen Mass]] e Watson foron capaces de evitar os restos do Ensign, pero cando [[Riccardo Patrese]] chegou ao lugar, chocou contra eles e golpeou o muro de pneumáticos xusto á beira de Guerrero, perdendo unha roda. Un conduto dos freos do coche de Patrese incendiouse, e aínda que os coches accidentados estaban fora da pista, a visión de dous coches detidos na pista, un deles en chamas, fixo que o Director de Carreira sacara a bandeira vermella. ''
</blockquote>
 
Liña 61:
 
<blockquote>
''En dúas voltas, a brecha reduciuse a sete segundos, logo a dous segundos, e ao final da volta 37, Watson estaba dous segundos arriba, Rosberg perdera a terceira velocidade. Na xeral, con todo, co tempo combinado, Rosberg estaba aínda dezaoito segundos por diante, polo que intentou simplemente permanecer preto do McLaren. Mentres tanto, Lauda, inspirado talvez polo seu compañeiro de equipo, pasara a Cheever e Pironi, e tamén achegábase a Rosberg. Probablemente sabendo que o Williams tiña problemas, imprudentemente na curva un bloqueou as súas rodas, golpeou a parede e rompeu a suspensión, deixando Cheever no terceiro lugar.''
</blockquote>
 
Asegurada á cabeza, Watson foi capaz de distanciarse, Rosberg loitaba con problemas de alimentación de combustible e cos pneumáticos gastados, ademais da súa caixa de cambios avariada, caendo á quinta posición na pista, cuarto en tempo combinado. Cunha velocidade media de só 125 km/h, alcanzouse o límite de tempo de dúas horas moi por baixo das 76 voltas previstas, e Watson conseguiu a súa segunda vitoria da tempada. O estadounidense Eddie Cheever foi segundo, o seu mellor resultado nun Gran Premio, por diante de Pironi terceiro.
 
Malia unha montaña de problemas iniciais co novo circuíto, os organizadores da carreira recibiron excelentes críticas polos seus esforzos, e unha nova cidade americana fixera a súa entrada na Fórmula Un. Con dúas carreiras disputadas nos Estados Unidos en 1982,aínda faltaba a carreira das [[Gran Premio Caesars Palace de 1982 | Vegas]], xa que, por primeira vez na historia, un país sería a sé de tres Grandes Premios nunha soa tempada.
 
== Clasificación ==
Liña 139:
! 8
| 29
| {{SUIbCHEb}} [[Marc Surer]]
| [[Arrows]]-[[Cosworth|Ford]]
| 61
Liña 336:
|}
 
== Posicións logo da carreira ==
{{col-start}}
{{col-2}}
Liña 407:
}}
 
== Notas ==
* Innes Ireland (October, 1982). "1st Detroit Grand Prix: Wattie, The Renaissance Man". ''Road & Track'', 140-144.
* Mike S. Lang (1992). ''Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984''. Haynes Publishing Group. ISBN 0-85429-733-2
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
 
=== Ligazóns externas ===
 
[[Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1982]]