Xogos Olímpicos de 1932: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
== Historia ==
Após case tres décadas en [[Europa]], os [[Xogos Olímpicos]] atravesaron o [[océano Atlántico]] e [[América]] até a soleada [[California]], a única rexión do [[país]] que sobrelevara economicamente a [[Gran Depresión]] tralo crack de [[1929]]. Por causa da distancia, o número de participantes foi menor que os anteriores, mais os Xogos tiveron unha gran calidade técnica, coa quebra de 18 récords mundiais, e sendo introducido o limitelímite máximo de tres competidores por país nas probas individuais, regra que perdura até os nosos días.
 
Nos Ánxeles foi construída a primeira vila olímpica verdadeira da [[historia]], composta de setecentos chalés disposta nun área adxacente ó monumental estadio ''Memorial Colyseum'', sede dos Xogos. Os organizadores tamén introduciron nestes Xogos os máis modernos servizos de cronometraxe e fotografía electrónica da chegada da época, construíron a máis espectacular e veloz pista de [[atletismo]] do mundo, e crearon un proceso rápido e profesional de divulgación de resultados para a [[Prensa escrita|prensa]], alén da transmisión simultánea de toda a competición por dúas emisoras de [[radio (medio de comunicación)|radio]].