Diocese católica latina de Tui-Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 34:
Segundo a tradición cristiá, a comezos do [[século I]] o [[apóstolo Santiago]] evanxelizou a cidade de [[Tui]], fundando así a primeira comunidade [[cristianismo|cristiá]] que daría pé á [[diocese]] e nomeando a [[San Epitacio]] como o seu primeiro [[bispo]]. Con todo, ata mediados do [[século VI]] non se ten certeza documental plena da existencia da diocese nin dos seus bispos.
 
A creación da [[diocese de Tui]] respondeu posiblemente ao proceso de implantación do [[cristianismo]] que a partir do [[edicto de Milán]] do ano [[313]] estaba a se desenvolver no [[Imperio Romano]]. As grandes e medianas cidades do Imperio convertéronse axiña en centros que irradiaban as novas crenzas [[relixión|relixiosas]] e onde se asentaban as primeiras estruturas administrativas eclesiásticas. É deste contexto histórico de onde xurdexorde pobablemente a verdadeira creación dun centro eclesiástico administrativo na antiga cidade galaico-romana de ''Tude'', e que finalmente suporá a fundación desta diocese nalgún momento entre os séculos IV e VI.
 
A primeira nova da existencia da diocese atopámola no [[Segundo Concilio de Braga]] (ano [[572]]) auspiciado polo rei galaico-suevo [[Miro]], onde o primeiro bispo tudense coñecido, [[Anila]] suscribe as actas como: ''Anila Tudensis ecclesiae episcopus his gestis subscripsi''. Neste marco histórico oficialízase a demarcación territorial da diocese, que entre os séculos VI e XIV comprendeu os territorios comprendidos entre a [[ría de Vigo]] e o [[río Limia]] e dende as costas oceánicas ata a [[serra do Leboreiro]].
Liña 44:
A cultura liberal e ilustrada, que invadiu Europa no século XIX, tamén tivo a súa repercusión na diocese tudense. E, así, cando en 1813 foron abolidos os señoríos xurisdicionais, o bispo e o cabido víronse obrigados a unha maior concentración na súa misión relixiosa. Tamén a [[desamortización de Mendizábal]] (1836) produciu o abandono na diocese de importantes mosteiros, coma o de [[Mosteiro de Santa María de Oia|Santa María de Oia]] e o de [[Mosteiro de Santa María de Melón|Melón]], e a perda de patrimonio artístico e documental.
 
En 1959 o papa [[Xoán XXIII]] pola bula ''[[Quemadmodum impiger]]'' concédelle a dobre titularidade ''Tudensis-Vicensis'' á diocese, elevando a rango de concatedral o templo de [[Colexiata de Santa María de Vigo|Santa María de Vigo]] e trasladando a esta cidade a sé do bispo e maismáis a do cabido.
 
== Lista de bispos ==