Gunrod: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Gudrød''' ou '''Gunrod''' (do [[Lingua nórdica antiga|nórdico antigo]]: ''Guðrðr'') (m. [[970]]) foi un caudillo [[viquingo]] [[Noruega|noruegués]] considerado [[rei do mar]] (''sækonungr'') que dende as súas bases permanentes no [[Río Loira (Francia)|Loira]]<ref>Forte, Oram, and Pedersen (2005), ''Viking Empires'', ISBN 0-521-82992-5 p. 60</ref> lanzou sanguentas incursións nas costas cantábricas da [[Península Ibérica|península ibérica]] con cen naves armadas no [[968]],<ref>Velasco, Manuel (2008) Breve Historia de los Vikingos, ISBN 84-9763-198-6 p. 175</ref> asentándose en [[Galicia|Galiza]] durante un ano enteiro. Posibelmente Gunrod tiña parentesco familiar, primo ou irmán, con [[Harald II de Noruega]].<ref>[http://www.archive.org/stream/forbindelsernem01fabrgoog/forbindelsernem01fabrgoog_djvu.txt A. Fabricius, ''Forbindelserne mellem Norden og den Spanske Halvø i ældre Tider'', Copenhague, 1882.]</ref>
 
En marzo de 968 Gunrod chega ás portas de [[Santiago de Compostela|Compostela]], o bispo [[Sisnando Menéndez]] encargouse da defensa e o 29 de marzo de 968 enfrontouse aos [[Viquingos en Galicia|viquingos]] na [[batalla de Fornelos]], foi derrotado e morreu dun frechazo. Os viquingos entraron na cidade sen máis resistencia.
 
O conde [[Gonzalo Sánchez]] rematou coa aventura viquinga no ano 970 lanzando un ataque cun poderoso exército que venceu aos nórdicos en cruenta batalla e tras capturar a Gunrod e os superviventes da súa frota, pasounos a todos a coitelo.<ref>Eduardo Morales Romero: ''Los vikingos en España''. Revista ''[[Historia de Iberia Vieja]]'', n.º&nbsp;12, [[Madrid]]: [[HRH Editores]], [[2006]].</ref> Unha resposta tan sanguenta probabelmente debeuse a que no [[século X]] se chegou a dicir que, vistos os precedentes de expedicións previas, o viquingo era peor inimigo que o mouro.<ref>Scheen, Rolf. [http://revistas.ucm.es/amm/02148765/articulos/MILT9696110067A.PDF «Viking raids on the Spanish peninsula» en ''Militaria. Revista de cultura militar''. ]</ref>
 
== Referencias ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==