Bagdad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 78:
== Goberno ==
[[Ficheiro:Republican palace baghdad iraq.jpg|220px|miniatura|Palacio Presidencial de Bagdad.]]
A cidade de Bagdad ten 89 barrios oficiais dentro de 9 distritos. Estas subdivisións da cidade serviron como centros administrativos para o repartorepartimento dos servizos municipais pero ata [[2003]] non tiñan unha función política específica. A comezos de abril de 2003, os Estados Unidos controlaron a [[Autoridade Provisional da Coalición]] (CPA) dando comezo á creación de novas funcións para eles. O proceso inicialmente enfocouse na elección dos consellos dos barrios nos propios barrios oficiais, elixidos polos [[caucus]] locais. O CPA convocou unha serie de reunións en cada barrio para explicar o goberno local, describir o proceso de elección de caucus e fomentar a participación do pobo. Cada proceso nos barrios finaliza cunha reunión local onde os candidatos para os consellos locais fan propaganda e [[campaña electoral]]. Cada consello dos barrios elixe ós representantes entre os seus membros para servir nun dos consellos dos nove distritos da cidade. O número de representantes dos barrios nun consello de distrito está baseado na poboación de cada barrio. O seguinte paso consiste en que cada un dos consellos dos nove distritos nomee ós seus representantes electos, para formar o Concello de Bagdad con 37 membros.
[[Ficheiro:Government building, Baghdad 2006.jpg|220px|miniatura|Edificio do Goberno.]]
Emprégase o mesmo proceso para nomear ós concelleiros representativos para as demais comunidades na [[Provincia de Bagdad]], fóra da propia cidade. Alí, elíxense os consellos locais de 20 barrios (Nahia) e eses consellos elixen representantes entre os seus membros para actuar nos seis consellos de distrito (Qada). Do mesmo xeito que dentro da cidade, os consellos de distrito elixen representantes entre os seus membros para nomear os 35 membros do Consello Rexional de Bagdad.