Xasón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
modifico
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*arroxar
Liña 15:
Fineo, en agradecemento, informou aos Argonautas sobre o camiño a seguir ata a Cólquida e ademais díxolles como podían superar o perigo que lles esperaba ao chegaren ás Rochas Azuis, dous enormes penedos flotantes en continuo movemento que chocaban entre si esmagando a todos os que pretendían pasar entre elas.
 
Superado este obstáculo, chegaron á Cólquida. Xasón anunciou o seu propósito ao seu rei Eetes. Este díxolle que lle deixaría ir co [[vélaro de ouro]] se antes daba xunguido aos dous touros que o custodiaban, arar un campo con eles, arroxarbotar sobre os sucos uns dentes que entregara [[Atenea]] ao rei e logo vencer a unha serpe que nunca durmía e que permanecía a carón da árbore onde se achaba o vélaro. [[Medea]], a filla do rei Eetes, que era feiticeira, namorouse apaixonadamente de Xasón e axudou a este a levar a bo termo a súa fazaña (previo compromiso de Xasón de levala consigo a Yolcos), pondo en práctica a súa bruxaría.
 
Deu a Xasón unha apócema máxica para que non lle fixesen dano os touros monstruosos. Unha vez que deu xunguido aos touros, lanzou os dentes sobre os sucos feitos na terra. Deles brotaron centos de homes armados que se lanzaron contra o heroe, pero este, seguindo as instrucións de Medea, arroxou unha pedra entre eles e os exércitos enfrontáronse entre si. Logo, Medea provocou un terrible soño á serpe, Xasón apoderouse da prezada pel e fuxiu cos seus homes, con Medea e co irmán desta, [[Apsirto]], na súa embarcación. Os homes de Eetes perseguiron á nave e Medea matou a seu irmán, esnaquizouno e botouno ao mar. O rei Eetes recolleu os restos do seu fillo e perdeu de vista aos Argonautas.