El rey pasmado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Sen resumo de edición
Liña 32:
A trama está ambientada na corte española de comezos do [[século XVII]]. O rei [[Filipe IV de España|Filipe IV]] ([[Gabino Diego]]), nunha escapada co conde da Peña Andrada, queda abraiado ao contemplar o corpo espido (cunhas calzas vermellas) de Marfisa ([[Laura del Sol]]), unha prostituta da Vila, nunha postura similar á do cadro ''[[Venus do espello]]''. O rei entón desexa contemplar o corpo espido da súa muller, a raíña [[Isabel de Borbón]] ([[Anne Roussel]]).
 
Isto fai que o [[Gran Inquisidor]] se vexa obrigado a convocar unha xunta de [[teólogo]]s para debatirdebater o asunto. As dúas caras do debate están representadas pola figura do frade Villaescusa ([[Juan Diego]]), que asegura que a pretensión do rei é grave [[pecado]] que pode traer p castigo a todo o país, e o padre Almeida, un misioneiro [[xesuíta]] que replica que a mala sorte dos gobernados depende da capacidade dos seus gobernantes máis ca da súa moralidade, e que o desexo do rei é un asunto privado. Aínda que a raíña está disposta a compracer os desexos do rei, Villaescusa e os seus subalternos fan o posible para frustrar as súas pretensións. Finalmente, grazas á axuda do xesuíta e o conde da Peña Andrada, o rei consegue reunirse coa raíña no Convento de San Plácido e logra o seu obxectivo.
 
Paralelamente, o [[Conde-Duque de Olivares]] ([[Javier Gurruchaga]]) teme estar sendo castigado por [[Deus]] xa que non logra ter descendencia coa súa muller, polo que pide consello a Villaescusa, quen o informa de que a culpa da esterilidade a ten o pracer que el e mais a súa esposa obteñen á hora de realizar o acto sexual. A solución, de "inspiración divina" proposta por Villaescusa consiste en que o conde e a súa muller copulen no coro da igrexa de San Plácido (moi preto de onde se encontran os reis) diante das [[monxa]]s do coro. Á saída deste encontro sexual o Conde-Duque de Olivares recibe sendossenllos correos onde o informan da chegada da [[FlotaFrota de Indias]] a [[Cádiz]] con todo o cargamento e a vitoria das tropas españolas na [[Guerra dos Oitenta Anos]]. Villaescusa quere facer ver que o feliz desenlace se debe aos sacrificios polos que pasaron, pero o Conde-Duque replícaññereplícalle que pola data das cartas se ve que a flotafrota chegara a Cádiz dous días atrás, xusto cando o rei fora coa prostituta. O Conde-Duque envía a Villaescusa a Roma cunha carta lacrada onde se pide que non o deixen marchar até que mude a súa actitude.
 
==Actores==